Pestanas principais

Aprobación do prezo público para un curso de iniciación á Internet e un obradoiro de mecanografía

Martes, 23 de outubro de 2012

[23-10-2012] A través deste aviso dáse conta da proposta da concellaría de Medioambiente, Sanidade e Cultura, para organizar unhas xornadas de iniciación á Internet que se desenvolverán durante o mes de outubro do ano 2012 e un obradoiro de mecanografía previsto para o mes de novembro deste mesmo ano. Vista a proposta da concellaría de Medioambiente, Sanidade e Cultura, e o informe favorable da intervención municipal (informe 176/12), a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos seus membros presentes, previa delegación da Alcaldía (decreto 751/2011), aprobou os prezos públicos destes cursos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio completo.