- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar esta semana o expediente de contratación para a licitación das obras de reparación da cuberta dos vestiarios e malo acondicionamento do muíño que están situados na área recreativa de Tapia. Este proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 127.563 euros, está sufragado con cargo á primeira fase do POS+ Adicional 2/2021. Estas obras de mellora uniranse a outras realizadas no ano 2017 para mellorar a accesibilidade nas instalacións desta área.
O Concello de Ames incluíu no plan complementario de 2021 da Deputación da Coruña unha obra para mellorar dúas das instalacións que están situadas na área recreativa de Tapia. Trátase de reparar a cuberta dos vestiarios e acondicionar o muíño desta área recreativa, xa que é un local de carácter lúdico utilizado principalmente na primavera e na época estival para realizar reunións e comidas de amigos e amigas. A licitación deste proxecto foi aprobado esta semana en Xunta de Goberno Local e conta cun orzamento base de licitación de de 127.563,56 euros.
A cuberta dos vestiarios de Tapia, encóntrase en mal estado, con filtracións de auga e con deterioro da madeira que constitúe esta estrutura, polo que se prevé levantar toda a cuberta, incluso a súa estrutura, e substituíla por unha nova.
No caso do muíño, carece de porta, de alumeado interior e a cuberta encóntrase en mal estado de conservación, polo que ao igual que no caso dos vestiarios, preténdese levantar a cuberta e substituír a estrutura da mesma por unha nova, e volver a construír a cuberta; aproveitando para colocar un punto de luz estanco no interior do muíño, e unha porta de enreixado, tipo tramex, de aceiro inoxidable.
Deste xeito, as obras que se executarán consisten en levantar as cubertas do muíño e dos vestiarios, incluso a estrutura portante e o revestimento inferior de madeira. Instalarase unha nova estrutura de madeira laminada e un entramado de madeira para soportar os novos entaboados e as novas cubertas, de fibrocemento sen amianto de cor tella, no caso dos vestiarios e de pizarra no caso do muíño. Colocarase un falso teito de lamas de madeira nos vestiarios. Tamén se colocará un punto de luz no interior do muíño, incluso liña eléctrica soterrada; e unha porta de aceiro inoxidable, tipo tramex no muíño, con pechadura.
O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, indica que “a area recreativa de Tapia é un dos espazos máis empregados pola veciñanza amesá, e incluso dos concellos da contorna, durante a época estival. Por iso cremos que é necesario acondicionar e mellorar as instalacións de dita área. En 2017 realizáronse obras para mellorar a accesibilidade de ditas instalacións, algo que era moi necesario, e agora preténdemos seguir mellorando esta área coa reparación da cuberta dos vestiarios e mailo acondicionamento do muíño que é un lugar de encontro durante o verán para facer comidas entre amigos”.
Mellora da accesibilidade
Estas obras súmanse a outras realizadas no ano 2017 para mellorar a accesibilidade nas instalacións desta área. Para iso recibiuse unha axuda de 27.293,62 euros por parte da Consellería de Política Social destinada á mellora da accesibilidade en edificios e espazos de uso público. Esta axuda estivo cofinaciada polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia 2014-2020.
A través das actuacións realizadas habilitáronse dúas prazas de aparcamento adaptadas ás persoas con mobilidade reducida próximas á entrada principal; executouse un acceso pavimentado en formigón que une o aparcadoiro coa piscina infantil; fíxose un vao peonil que consistiu na eliminación dun tramo de adoquíns e a posterior execución dunha rampla de formigón que facilita o tránsito entre as prazas de estacionamento adaptadas, a cantina e a piscina; adaptouse o mostrador da cantina; realizáronse actuacións nos espazos hixiénico-sanitarios (aseos e vestiarios femininos e masculinos); e executáronse actuacións nos espazos de uso común coa colocación de novo mobiliario urbano accesible.
Novas relacionadas
El Correo Gallego:
"Tapia mejorará su molino y los vestuarios con la Diputación"
"Licitan obras de mellora do muíño de Tapia"
Enfoques: "La Diputación acometerá obras de mejora en los vestuarios y el molino de la playa fluvial de Tapia, en Ames"