- Tematica
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 16 de agosto o expediente de licitación das obras de mellora do viario de Tras do Cabalo e outros. O proxecto conta cun orzamento base de licitación de 26.560,76 euros (IVE incluído) e forma parte do plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025 (Plan AGADER). Estas obras contan coa axuda financeira da Unión Europea no marco do Plan estratéxico da PAC.
O Pleno do Concello de Ames aprobou o pasado 30 de maio de 2024 os proxectos incluídos no plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025 (Plan AGADER). O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, foi o encargado de expoñer os puntos correspondentes aos proxectos de pavimentación dos viarios de Tras do Cabalo e outros, e mellora do viario en Prumariño e outro, que están incluídos no Plan AGADER. Deste xeito, melloraranse dous camiños da Ameixenda; un viario de A Ponte Nova, na parroquia de Agrón; un no lugar de Lamas e outro na aldea de Proupín, ambos na parroquia de Ames. Estas obras contan coa axuda financeira da Unión Europea no marco do Plan estratéxico da PAC.
Unha vez aprobados ambos proxecto polo Pleno, na Xunta de Goberno Local do pasado 16 de agosto aprobouse o inicio do expediente de licitación das obras de mellora do viario de Tras do Cabalo e outros, que conta cun presuposto total de execución por contrata de 26.560,76 euros, dos cales 4.609,72 euros son a parte correspondente ao IVE que debe asumir o Concello. Este proxecto contempla melloras no viario de Tras do Cabalo, no viario en Agueiros e no viario en A Ponte Nova.
As obras de mellora no viario de Tras do Cabalo executaranse nun treito de 350x3 metros no que se procederá á limpeza de gabias en ambas marxes, e á reposición do paquete de firme con zahorra. Finalmente colocarase un sinal de stop.
Por outra banda, a través do proxecto de mellora do viario de Agueiros vaise actuar en dúas vías situadas na Ameixenda nun treito de 320x3,50 metros no que se limparán as gabias, tamén en ambas marxes, e se reporá o paquete de firme con doce centímetros de zahorra. Finalmente colocarase un sinal de stop.
A derradeira actuación será nun viario de A Ponte Nova, na parroquia de Agrón. Neste caso, actuarase nun treito de 210x3 metros no que se procederá á limpeza de gabias en ambas marxes, e á reposición do paquete de firme con doce centímetros de zahorra. Finalmente, tamén se colocará un sinal de stop
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a través do Plan AGADER mellóranse os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. A finalidade deste plan é a execución de obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal. Nesta convocatoria 2024-2025 o Concello de Ames vai investir preto de 50.000 euros na mellora de cinco camiños rurais”.
Proxecto de mellora do viario en Prumariño e outro
Ademais, dentro deste mesmo mesmo plan, tamén se vai executar o proxecto de mellora do viario en O Prumariño e outro, que conta cun presuposto total de execución por contrata de 33.178,15 euros, dos cales 5.758,19 euros son a parte correspondente ao IVE que debe asumir o Concello. Este proxecto contempla melloras no viario de Prumariño e a mellora do viario en Os Casais, situados nos lugares de Lamas e Proupín, ambos na parroquia de Ames.
A través do plan AGADER sufráganse 49.371 euros e o Concello terá que achegar 10.367,91 euros. A contía total de ambos proxectos ascende a 59.738,91 euros. Deste xeito, melloraranse dous camiños da Ameixenda; un viario de A Ponte Nova, na parroquia de Agrón; un no lugar de Lamas e outro na aldea de Proupín, ambos na parroquia de Ames.