Pestanas principais

Apróbase o expediente de licitación das obras de pavimentación do camiño de Mercuto a Folgueira (Ameixenda) incluídas no POS+ 2019

Martes, 13 de agosto de 2019

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda. Estas obras están incluídas no POS+ 2019. O orzamento base de licitación ascende a 42.921,27 euros. O inicio da licitación deste proxecto súmase a de outras oito obras, incluídas no POS+ 2019, que están tamén en fase de licitación.

A través do plan provincial POS+ 2019 o Concello de Ames vai a executar as obras de pavimentación do camiño que vai dende o lugar de O Mercuto ata A Folgueira, na parroquia da Ameixenda. Para iso, a Xunta de Goberno Local acaba de aprobar o expediente de licitación das obras deste proxecto que conta cun orzamento base de licitación de 42.921,27 euros.  

Os traballos desenvolverase nun treito que conta cunha lonxitude de 750 metros e 4,00 metros de ancho. Neste camiño preténdese a mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e previo emprego de quince centímetros de zahorra de canteira, quince de grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada ambos lados, 0,50 metros a cada lado, dentro da plataforma actual do camiño.

Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, e a sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e símbolos e colocación dunha sinal de stop.

Ligazóns:

El Correo Gallego: "Próxima pavimentación para o vial amesán do Mercuto ata A Folgueira"

Imaxe da Casa do Concello