Pestanas principais

Apróbase a suspensión de varios contratos administrativos como consecuencia da pandemia do Covid-19

Sábado, 21 de marzo de 2020

O Concello de Ames decidiu o pasado 13 de marzo a suspensión de varios servizos municipais como consecuencia da pandemia do Coronavirus. Debido a que a execución destes servizos non é posible procedeuse a suspensión dos contratos, con efectos dende o día 14 de marzo de 2020 e mentres dure o estado de alarma, coas empresas e outras entidades que imparten os servizos de Escolas deportivas municipais, Escolas culturais e Servizos complementarios de educación e conciliación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Comedores Escolares).

O Concello de Ames informa de que por medio de decreto de Alcaldía e tendo en conta o acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptaban medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, resolveuse, entre outros extremos, suspender temporalmente dende o día 13 de marzo de 2020 e ata novo aviso varios servizos municipais.
 
Deste xeito, o Concello de Ames suspendeu temporalmente os seguintes servizos municipais: Aula Cemit; programas de conciliación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Comedores Escolares); Amessan; Escolas deportivas e culturais; actividades de voluntariado; Escola Municipal de Música; Escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque e A Madalena); servizos deportivos prestados na instalación Centro Deportivo Municipal A Telleira; actividades do programa Sanagua; e actividades municipais deportivas, culturais, medioambientais, de ocio e demais programadas.
 
Parte destes servizos suspendidos estanse a prestar por empresas mediante contratos administrativos de servizos ou contratos de concesión de servizos. Preme nesta ligazón para consultar o decreto de suspensión de contratos administrativos como consecuencia do COVID-19.
 
Deste xeito, como consecuencia das medidas adoptadas polo Concello de Ames como consecuencia do COVID-19, particularmente no decreto de suspensión de servizos municipais, procédese a suspensión dos contratos, con efectos dende o día 14 de marzo de 2020 e mentres dure o estado de alarma, coas empresas e outras entidades que imparten os servizos de Escolas deportivas municipais, Escolas culturais e Servizos complementarios de educación e conciliación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Comedores Escolares). Os contratos de ditos servizos suspéndese ao entender que a execución dos mesmos non é posible na actualidade e en base ao artigo 34 do Real decreto.
 
Pago dos servizos complementarios e escolas infantís
Debido á suspensión dos servizos complementarios de educación e conciliación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Comedores Escolares) durante o período que dure o estado de alarma, non se cobrarán ditos servizos debido a que non se están prestando. Deste xeito, a finais deste mes de marzo cobrarase o mes de febreiro íntegro, xa que se prestou o servizo o mes enteiro. No que se refire ao mes de marzo tan só se cobrará a metade do mes, xa que se prestou o servizo na primeira quincena.
 
En canto ao pago do servizo das Escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque e A Madalena) vaise a devolver a metade do importe cobrado do mes de marzo, xa que dende o pasado 14 deste mes o servizo quedou suspendido. Deste xeito, como é lóxico, non se cobrará dito servizo durante o tempo que esta suspendido.
 
O mesmo acontece no resto de servizos como a Escola de música e naqueles casos que xa foron cobrados, o goberno municipal estudiará a posibilidade de modificacións de contrato para ampliar a súa prestación unha vez que se supere o estado de alerta.
 
Novas relacionadas:
 
 
Aprobouse a suspensión dos servizos complementarios de educación e conciliación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas, Comedores Escolares)