- Tematica
A Concellaría de Benestar Social, en colaboración coa Secretaria Xeral da Igualdade, organiza para os días 23 e 25 de setembro un curso de auto defensa para mulleres. Trátase dun curso para saber como actuar ante situacións violentas que se impartirá no pavillón municipal do Milladoiro, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Esta actividade estará impartida por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 53 59 41.
Ames acolle os días 23 e 25 de setembro, un novo curso de defensa persoal feminina, impulsado polo incremento na demanda deste tipo de actividades entre a poboación amesá. Trátase dun curso para saber como actuar ante situacións violentas que se impartirá no pavillón municipal do Milladoiro, en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Previamente, nos meses de maio e xuño impartíronse dous cursos de defensa persoal feminina no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns por parte do persoal do Club Deportivo Karate Ames e da Asociación Bujutsu Compostela. Nesta ocasión, ante a petición da veciñanza, organizase un curso de auto defensa para mulleres no Milladoiro.
Esta actividade estará impartida por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Ofrecerán ás participantes un conxunto de técnicas para tratar de defenderse ante unha ameaza ou agresión. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 53 59 41.
Ligazóns:
Compostela 24 horas: "Ames organiza un curso de auto defensa para mulleres no Milladoiro"