Pestanas principais

Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC

Luns, 12 de decembro de 2022

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu este pasado sábado, 10 de decembro, a primeira edición do evento tecnolóxico “Día da AMTIC”. Ao longo de toda a xornada preto de 200 persoas participaron nas diferentes actividades programadas. Dito evento foi organizado pola Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación co obxectivo de dar a coñecer a nova aula AMTIC do Milladoiro e ofrecerlle á veciñanza amesá unha xornada para participar en diversas actividades relacionadas co mundo da informática e tecnoloxía. Impartíronse obradoiros de informática e houbo instalados espazos para o xogo con consolas. Ademais, ofreceuse unha charla denominada “Adiccións e videoxogos. Como evitar que o meu fillo/a me arruíne”

Con motivo do Día Mundial da Informática, que se conmemorou o pasado 9 de decembro, a Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación organizou este sábado pasado un evento tecnolóxico denominado “Día da AMTIC”. O evento realizouse de 10:30 a 20:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Ao longo da xornada desenvolvéronse diversos talleres de informática abertos a todos os públicos. Por outra banda, houbo unha serie de espazos permanentes, onde os asistentes puideron xogar con diversas consolas e crear os seus propios hama beads, entre outras actividades.

Deste xeito, impartiuse un taller de administración electrónica, que tratou sobre os certificados electrónicos e como usalos, e que estivo especialmente enfocado na Sede electrónica do Concello de Ames. Ademais, houbo dous obradoiros de impresión 3D, para que os participantes aprenderan a usar o programa e puidesen poñer en práctica os coñecementos adquiridos facendo as súas propias impresións. Tamén se impartiu un taller sobre o programa de sofware libre de edición de imaxes GIMP.

Espazos permanentes e conferencia
Por outra banda, instaláronse diversos espazos permanentes. Deste xeito, no auditorio da Casa da Cultura organizouse un torneo de FIFA e no vestíbulo do propio centro sociocultural desenvolveuse a actividade “Xogando con Nintendo Switch”, no que os asistentes puideron desfrutar desta consola e compartir os seus coñecementos co resto de participantes. Tamén se organizou un taller de hama beads e outro de creación de espadas láser.

Por último, o doutor José Luis Montiel Castaño impartiu unha charla denominada “Adiccións e videoxogos. Como evitar que o meu fillo me arruíne”, que puxo o foco na ludopatía como consecuencia do consumo excesivo de aparellos de ocio tecnolóxico.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destaca “a boa acollida que tivo esta primeira edición do evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC do Milladoiro. O obxectivo desta xornada foi ofrecer actividades para usuarios e usuarias cun nivel medio en informática e tecnoloxía como puideron ser os cursos de administración electrónica ou GIMP, pero tamén actividades para persoas máis expertas como os talleres de hama beads e creación de espadas láser. As consolas tamén tiveron o seu oco co torneo de Fifa e coa actividade de Nintendo Switch”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Douscentos participantes nos actos do Día da AMTIC"

AMS GO!: "A AMTIC celebrou o día da informática cun evento no Milladoiro no que participaron 200 persoas"

O evento contou con diversos obradoiros e espazos permanentes

Multimedia

  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC
  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC
  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC
  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC
  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC
  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC
  • Arredor de 200 persoas participaron no evento tecnolóxico organizado pola Aula AMTIC