Pestanas principais

Arredor de 800 persoas participan no cocido dos maiores de Ames

Martes, 13 de febreiro de 2024

Arredor de 800 persoas participaron este martes de Entroido no cocido dos maiores de Ames, que se celebrou no pavillón municipal do Milladoiro. O Concello de Ames organizou este xantar de Entroido para darlle aos maiores de 65 anos unha oportunidade para xuntarse, socializar e desfrutar dunha xornada festiva. No xantar serviuse cocido e houbo música a cargo do dúo Matices. Tralo xantar repartíronse seis cestas con produtos de entroido; tres deles entregáronse aos tres mellores disfraces e as outras tres sorteáronse entre todos/as os/as participantes. Unha boa parte da Corporación municipal encabezada polo alcalde, Blas García, participou na festa. Ademais, instalouse un photocall onde moitos dos asistentes fixeron fotos. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes do cocido dos maiores.

O Concello de Ames recuperou no ano 2022 a tradicional festa dos maiores, que se celebrou a comezos do mes de xullo. Posteriormente, en 2023 decidiuse que a festa dos maiores íase a realizar o martes de Entroido. Deste xeito, déuselle continuidade a dita festa coa segunda edición do cocido dos maiores de Ames.

O ambiente festivo e de entroido foi o predominante no cocido dos maiores de Ames, que se celebrou este martes de Entroido no pavillón municipal do Milladoiro. A festa, á que asistiron arredor de 800 persoas, deu comezo ás 14:00 horas coa entrada dos camareiros e camareiras que repartiron o cocido por todas as mesas habilitadas. Antes de comezar o xantar o alcalde de Ames, Blas García, dedicou unhas palabras de agradecemento a todas as persoas que asistiron á festa dos maiores.

O rexedor municipal dixo “os maiores son unha parte esencial da nosa sociedade. O martes de entroido no concello de Ames será sempre o seu día e, este cocido, unha forma de agasallalos e recoñecer toda unha vida de esforzo. Este é un día para que desfruten e o pasen en grande”.

Trala comida houbo moita diversión e música a cargo do dúo Matices que amenizaron a festa coa súa música de sempre. Uns clásicos coñecidos por todos e todas que fixeron bailar e cantar a todos/as os/as nosos/as maiores. Tamén se sortearon tres cestas con produtos de entroido entre os asistentes. Ademais, premiouse aos tres mellores disfraces con outras tres cestas de produtos de entroido.  

Para facilitar a asistencia a dito evento, o Concello de Ames puxo a disposición da veciñanza un servizo de autobús que pasou polas parroquias para recoller ás persoas que así o solicitaron e achegalas ata o pavillón do Milladoiro. Ao final da festa tamén houbo servizo de autobús para regresar a casa.

Unha boa parte da Corporación municipal encabezada polo alcalde, Blas García, tamén participou na festa. Deste xeito, por parte do goberno municipal asistiron a concelleira de Servizos Económicos, Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís; o concelleiro de Urbanismo, Administración Xeral e Mobilidade, Víctor Fernández; a concelleira de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal, Ana Belén Paz; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García; o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo; e maila concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto.  

Por outra banda, do Partido Popular de Ames asistiron as concelleiras e concelleiros; Oliva Agra, Ana María Coto, Pablo Beiroa, José Ramón Oulego, Roberto Martínez e María Mercedes Martínez.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ochocientas personas en la fiesta del «cocido dos maiores» de Ames"

El Correo Gallego: "Cocido para 800 en Ames: “Estaba boísimo, moito mellor que o do ano pasado, e con baile”"

Ames Go: "800 maiores asistiron ao Xantar de Entroido organizado polo Concello"

Arredor de 800 persoas participan no cocido dos maiores de Ames

Multimedia

  • Arredor de 800 persoas participan no cocido dos maiores de Ames