Pestanas principais

Arredor de 90 nenos e nenas participan no Entroido Lúdico 2024

Martes, 13 de febreiro de 2024

Este luns, 12 de febreiro, comezou unha nova edición do Entroido Lúdico, na que participan 91 nenos e nenas. A finalidade deste programa, que se desenvolve no CEIP da Maía, EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, é facilitar a conciliación das familias amesás durante as vacación escolares de entroido. As actividades, impartidas de 7.30 á 16.00 horas cos servizos de Bos Días e comedor incluídos, continuarán até o mércores 14 de febreiro. Nesta edición, baixo o nome “Un mar de Entroido”, o programa céntrase na loita contra o cambio climático e a contaminación, sen esquecer actividades propias do entroido como os disfraces, a música e o baile.

O programa Entroido Lúdico 2024 desenvólvese do 12 ao 14 de febreiro, coincidindo coas vacacións escolares de entroido. Nel ofértanse os servizos de conciliación habituais dos programas municipais, como son os Bos Días ou o comedor, para adaptarse ás necesidade de cada familia e facilitar así a conciliación. Por esta razón, os horarios e entrada e saídas das crianzas participantes tamén son flexibles: poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas (cun almorzo opcional para os máis madrugadores), e ser recollidos ás 14:30 ou ás 16:00 horas.

O programa estase a levar a a cabo tanto no CEP de Ventín (onde participan 30 nenos e nenas) como no CEIP da Maía (con 45 usuarios). A estes centros súmaselles o EEI Milladoiro, onde participan 16 nenos e nenas. Nesta edición, as actividades xirarán arredor da loita contra o cambio climático e a contaminación, co obxectivo de resaltar o papel da infancia como axente participativo. Ademais, tamén estarán presentes  elementos propios do entroido como a construción dun meco ou a elaboración de disfraces.

Esta mañá a concelleira de Educación, Carmen Porto, visitou aos usuarios do CEP de Ventín, para falar coas crianzas e cos monitores e monitoras encargados das actividades e facer así un balance deste programa de conciliación. Durante a visita, concelleira sinalou que “é un pracer ver o traballo diario dos nenos. A pesar de que son só tres días, nestas xornadas fan moitas actividades, todas relacionadas coa importancia do mar e a reciclaxe: medusas, cancións, murais…”. Ademais, salientou a importancia que ten nestes programas “a creación de vínculos entre nenos de distintos cursos, nos que se fomenta que se axuden uns aos outros”.

Programa do Entroido Lúdico 2024: “Un mar de Entroido”
Nesta edición, o programa céntrase na alarmante situación de contaminación que viven os nosos mares e océanos, destacando o papel da infancia como axente participativo. Porén, non se esquecerá a gran festividade e tradición que supón a celebración do entroido na nosa comunidade. Así, os nenos e nenas experimentarán un entroido onde a crítica e a sátira estarán moi presentes.

Serán tres días de moita festa, pero sen esquecer a protesta e a participación socia. Deste xeito, as crianzas formarán as súas comparsas de Entroido e elaborarán carteis onde estará presente o coidado do medio ambiente. Tamén idearán coplas, disfraces, bailes arredor desta gran problemática, etc. e construirán un meco deseñado por eles con materiais de refugallo.

Ademais, realizaranse xogos de presentación, de pistas, predeportivos, contos motores… todos eles tematizados coa loita contra a contaminación dos mares e o cambio climático. 

 Arredor de 90 nenos e nenas participan no Entroido Lúdico 2024

Multimedia

  •  Arredor de 90 nenos e nenas participan no Entroido Lúdico 2024