Pestanas principais

Artefeito S. Coop. Galega impartirá no Milladoiro un obradoiro inclusivo de artes vivas durante o último trimestre do ano

Sábado, 19 de outubro de 2024

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración con Artefeito Sociedade Cooperativa Galega, pon en marcha un obradoiro inclusivo de artes vivas. Será impartido pola bailarina e experta en benestar, Martha Franco, e polo clown Fran Rei, a partir do mércores 23 de outubro, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este obradoiro impartirase todos os mércores pola tarde, de outubro a decembro. Trátase dunha actividade de balde para todas as persoas que estean interesadas en participar. Para inscribirse hai que enviar un correo ao enderezo electrónico artefeito@artefeito.gal.

O obradoiro inclusivo de artes vivas, que pon en marcha Artefeito Sociedade Cooperativa Galega e mailo Concello de Ames, está dirixido a persoas maiores de 12 anos. Trátase dun obradoiro inclusivo de danza e artes escénicas. Está dirixido a persoas con todo tipo de capacidades. Trátase dunha actividade de expresión a través das artes escénicas.

Ditas sesións impartiranse por pola bailarina e experta en benestar, Martha Franco, e polo clown Fran Rei na Casa da Cultura do Milladoiro. Este obradoiro terá lugar todos os mércores de outubro, novembro e decembro, en horario de 16:00 a 17.30 horas. A primeira sesión será o mércores 23 de outubro e desenvolverase ata o 18 de decembro.

Trátase dunha actividade que é de balde para todas as persoas que estean interesadas en participar. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo artefeito@artefeito.gal.

Artefeito S. Coop. Galega impartirá no Milladoiro un obradoiro inclusivo de artes vivas durante o último trimestre do ano