Pestanas principais

A asociación cultural Os Castros organiza un xantar-foliada o 3 de maio en Trasmonte

Luns, 07 de abril de 2025

Desde a asociación cultural Os Castros convídase á veciñanza amesá que estea interesada, a participar no tradicional xantar – foliada que organizan todos os anos. Nesta ocasión, será o vindeiro sábado 3 de maio no local de Trasmonte. Haberá sesión vermú con cantina e prezos populares dende as 13.00 horas. Para participar nesta xornada haberá que mercar entrada ata o 30 de abril. O prezo das entradas é de 19 euros para menores de 11 anos, e de 37 euros para os adultos. A comida será ás 14.00 horas, e pola tarde dende as 17.00 horas haberá foliada.

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e á veciñanza a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás persoas que pertencen a esta entidade tamén está aberta todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar.

A cita será o sábado, 3 de maio, a partir das 13.00 horas, no local de Trasmonte. Haberá sesión vermú con cantina e prezos populares desde as 13:00 horas. Para participar nesta xornada, haberá que mercar entrada ata o 30 de abril. O prezo das entradas é de 19 euros para menores de 11 anos, e de 37 euros para as persoas adultas. A comida farase ás 14.00 horas.

Os tíckets poden reservarse chamando ao número de teléfono 690 962 363 ou enviando un correo electrónico a correo@acoscastros.es. Os tíckets pódense recoller en horario de clase ou o día 29 de abril de 20.30 a 22.00 horas no local da asociación, que está situado  na rúa Alcalde Lorenzo, número 2, 1º piso, local 3.

A foliada comezará ás 17:00 horas. Primeiro actuará a escola de Os Castros, e a partir das 18:00 horas será foliada libre, na que poderán todos os grupos que o desexen, así como calquera persoa que saiba tocar un instrumento tradicional ou queira animarse a bailar.

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 690 962 363 ou visitar a páxina web www.acoscastros.es.

A asociación cultural Os Castros organiza un xantar-foliada o 3 de maio en Trasmonte

Multimedia

  • A asociación cultural Os Castros organiza un xantar-foliada o 3 de maio en Trasmonte