Pestanas principais

A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada

Luns, 26 de agosto de 2019

Este domingo, 25 de agosto, o lugar de San Xoanciño de Pousada honrou á Virxe de Lourdes cun conxunto de tres alfombras florais, elaboradas por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, e co apoio da veciñanza de varios lugares do concello. Ás 13.00 horas houbo unha misa solemne e a correspondente procesión sobre a alfombra floral. Actuaron o Coro parroquial de Ames e Piñeiro e maila Asociación cultural Os Castros.

O lugar de Pousada celebrou este domingo, 25 de agosto, a súa tradicional festa na que se honra á Virxe de Lourdes cunha gran alfombra floral. Ás 13.00 horas houbo unha misa solemne oficiada polo párroco Manuel Blanco, que estivo acompañado polo Coro parroquial de Ames e Piñeiro. Unha vez rematada a misa fíxose unha procesión sobre a alfombra floral e actuaron os membros da Asociación Cultural Os Castros.

En canto ao conxunto de alfombras florais, estivo formado por un tapiz principal de máis de 60 metros e dous máis pequenos colocados no soportal da capela e precedendo á alfombra central. Ao igual que en anos anteriores, a composición foi elaborada partindo dun deseño a tamaño real realizado por frai Luís de Oseira. Entre os materiais que se empregaron para a súa elaboración destacaron a sal, café, tulla, restos de serraduras, varios tipos de flores e terra para perfilar.

Os traballo no tapiz comezaron con máis dunha semana de antelación, para a preparación dos materiais que utilizan. Nos traballos de elaboración das alfombras, no exterior da capela, participaron máis de 25 persoas de varios lugares do municipio.

A presidenta da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, María Xosé Bello, agradeceu “a colaboración do Concello de Ames e da Agrupación de Protección Civil, así como de todas aquelas persoas que axudaron dalgún xeito na elaboración das tres alfombras florais, porque sen a súa colaboración non sería posible facer o traballo”.

Ademais, María Xosé Bello agradeceu “a presencia en Pousada da presidenta da Asociación cultural de alfombristas de Bueu, Camen Santos, que estivo acompañada por tres alfombristas máis de Bueu, e que nos axudaron traendo diferente material que se empregou na elaboración das alfombras”.

Ligazóns:

La Voz de Galicia: "Tres alfombras florales para homenajear a la Virgen de Lourdes"

La Voz de Galicia: "Conmemoran la festividad de la Virgen de Lourdes en Ames con tres alfombras florales"

Compostela 24 horas: "Aforo completo na ofrenda da Virxe de Lourdes na ermida de San Xoanciño"

Imaxe da alfombra floral feita en Pousada

Multimedia

  •  A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada
  •  A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada
  •  A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada
  •  A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada
  •  A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada
  •  A Asociación cultural San Xoanciño honrou á Virxe de Lourdes cunha alfombra floral en Pousada