- Tematica
O GDR 19 Asociación Terras de Compostela está organizando un plan de formación sobre “Transformación e conservación de produtos agrarios”. Esta actividade enmárcase dentro da medida Leader 2014-2020. Realizarase os días 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro, en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, no centro sociocultural do Castiñeiriño. Para reservar praza no curso hai que chamar ao número de teléfono 981 81 83 57 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@terrasdecompostela.org.
A Asociación Terras de Compostela está organizando un Plan de formación de “Transformación e Conservación de Produtos Agrarios” dirixido á poboación activa do territorio de actuación do GDR Terras de Compostela, principalmente a persoas mozas que inicien un proxecto agrario ou persoas vinculadas ao rural que queiran diversificar a súa actividade. Trátase dun curso que pretende capacitar aos asistentes nas metodoloxías de traballo de desenvolvemento rural destinadas á revitalización dos municipios rurais.
Dito curso impartirase no centro sociocultural do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela, durante os días 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de setembro en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas. Trátase dun curso gratuíto, que terá unha duración de 32 horas, destinado á poboación activa do territorio que abarca o GDR 19 Terras de Compostela. Para obter máis información e/ou inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 81 83 57 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: info@terrasdecompostela.org. Dende a Concellaría de Promoción Económica animan á veciñanza amesá a que se inscriba neste curso e aproveite esta actividade para formarse en iniciativas do rural.
GDR Terras de Compostela
Os concellos de Ames, A Baña, Brión, Boqueixón, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra, compoñen e conforman o territorio GDR 19 dentro da Medida Leader 2014-2020. Un grupo de desenvolvemento rural que é xestionado pola asociación Terras de Compostela, responsable tamén de elaborar a estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) do programa LEADER.
A Asociación Terras de Compostela é unha asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto ás institucións, como o tecido asociativo, así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial. O GDR 19 aposta polo medio rural, a través da metodoloxía Leader e a través de outros proxectos orientados a contribuír co desenvolvemento integral do territorio.