Pestanas principais

A Asociación Teta e Coliño entrega hoxe os premios do I Concurso Fotográfico de Lactación Materna na Casa da Cultura do Milladoiro

Sábado, 01 de outubro de 2011

[01-10-2011] Con motivo da celebración da Semana Mundial da Lactación Materna, do 1 ao 8 de outubro de 2011, a Asociación Teta e Coliño convocou o primeiro concurso fotográfico de lactación materna. O xurado tivo que levar a cabo unha difícil tarefa pola calidade das fotos que se enviaron. Finalmente, Cristina Villarino acadou o primeiro premio, consistente nun lenzo de 60x80 impreso coa fotografía gañadora e unha sesión de spa nun circuíto de auga para dúas persoas. Un dos obxectivos desta asociación amiense é a normalización da lactación materna en todos os ámbitos da vida, tanto na casa como na rúa, na praia, na piscina, na gardaría, no parque ou no supermercado. E, por este motivo, puxeron e en marcha este concurso no que se valoraban fotografías deses fermosos momentos.

Co gallo da semana mundial da lactación materna, do 1 ao 8 de outubro de 2011, a Asociación Teta e Coliño convocou o primeiro concurso fotográfico de lactación materna, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en participar nel. Este grupo de lactación do Concello de Ames presentouse oficialmente en abril do presente ano, co obxectivo de informar e asesorar as mulleres que queren dar peito, axudar nas posibles dificultades que xurdan no tempo da lactación e crear un espazo de intercambio e aprendizaxe continúa entre as familias de lactantes.

Nesta primeira convocatoria do concurso, con arredor duns 30 participantes, Cristina Vilariño foi a agraciada co primeiro premio consistente nun lenzo de 60x80 impreso coa fotografía gañadora e unha sesión spa para dúas persoas. O segundo premio, recaeu en Verónica Armesto, que obtivo un tratamento de beleza/benestar para unha persoa. O terceiro foi para Sonia Pernas, que acadou un lote de produtos ecolóxicos de alimentación infantil. O xurado estivo composto por Noelia Prieto, representante da asociación Teta e Coliño, Diana Luque, a antiga matrona do Milladoiro e unha fotógrafa especializada en bebés Jennifer Company.

Os premios ás fotografías gañadoras serán entregados hoxe, en plena Semana Mundial da Lactación Materna, no salón de actos do centro sociocultural do Milladoiro ás 17:00 horas da tarde. Ademais, un conxunto de fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición que terá lugar no citado centro.