Pestanas principais

A asociación Viorneira, Palmira, Bulevar renderalle homenaxe ao exdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura

Xoves, 27 de xaneiro de 2022

O Concello de Ames colabora coa asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar no acto que se vai celebrar este sábado, 29 de xaneiro, ás 12.00 horas, no local da asociación situado no Milladoiro, para renderlle homenaxe ao exdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura. Dita homenaxe realízase pola vinculación que tivo Pose Mesura coa humanización do Milladoiro e concretamente coa apertura da rúa Viorneira que permitiu conectar esta rúa coa avenida de Rosalía de Castro e coa améndoa da zona antiga do Milladoiro.

Este sábado, 29 de xaneiro, ás 12.00 horas, a asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar, en colaboración co Concello de Ames, renderalle unha homenaxe ao que foi subdelegado e delegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, que faleceu en novembro de 2012. A este acto, que terá lugar no local de dita asociación, situado na rúa Viorneira, están convidados familiares de Pose Mesura, o alcalde de Ames, Blas García, o actual delegado do Goberno, Jose Miñones, e toda a Corporación municipal do Concello de Ames.

En primeiro lugar farase unha presentación, para dar paso a que as autoridades presentes e familiares de José Manuel Pose Mesura asinen no libro de honra de dita asociación. Tamén se colocará unha placa en recordo do homenaxeado no monólito que está na rúa Viorneira. Tras a colocación de dita placa autoridades e familiares de Pose Mesura dirán unhas palabras. O acto rematará cun aperitivo.

José Manuel Pose Mesura foi subdelegado do Goberno na provincia da Coruña, e en outubro de 2011 foi designado delegado do Goberno en Galicia, en substitución de Miguel Cortizo. Dita homenaxe realízase pola vinculación que tivo Pose Mesura coa humanización do Milladoiro e concretamente coa apertura da rúa Viorneira no ano 2011, que permitiu conectar esta rúa coa avenida de Rosalía de Castro e coa améndoa da zona antiga do Milladoiro.

Segundo explica o presidente da asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar, José Manuel Fernández; “Pose Mesura contribuíu en gran medida nos primeiros pasos para a humanización do Milladoiro porque colaborou de xeito significativo para que 2011 se puidera abrir a rúa Viorneira e deste xeito conectar a través desta rúa  as dúas partes do Milladoiro que divide a avenida de Rosalía de Castro. Agora agardamos seguir dando pasos a través dese anteproxecto de humanización da avenida de Rosalía de Castro, que o Concello xa ten elaborado e entregou no pasado mes de outubro á Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana”.

Por outra banda, o alcalde de Ames, Blas García, destaca “a figura de José Manuel Pose pola súa dedicación permanente á vida pública nas distintas tarefas que desenvolveu, pero resaltar especialmente a súa humanidade e empatía coas persoas”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Homenaxe a Pose Mesura polo apoio á humanización do Milladoiro e Viorneira"

A asociación Viorneira, Palmira, Bulevar renderalle homenaxe ao exdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura

Multimedia

  • A asociación Viorneira, Palmira, Bulevar renderalle homenaxe ao exdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura
  • A asociación Viorneira, Palmira, Bulevar renderalle homenaxe ao exdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura
  • A asociación Viorneira, Palmira, Bulevar renderalle homenaxe ao exdelegado do Goberno José Manuel Pose Mesura