Pestanas principais

A asociación Viorneira, Palmira, Bulevar rendeulle homenaxe ao exdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura

Luns, 31 de xaneiro de 2022

A asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar realizou o pasado sábado, 29 de xaneiro, un acto de recoñecemento ao exdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, polo traballo que realizou en prol da humanización do Milladoiro. Durante o transcurso do acto colocouse unha placa nun monólito situado na rúa Viorneira en memoria de Pose Mesura. A dito acto asistiron familiares do homenaxeado, o actual delegado do Goberno, Jose Miñones, o alcalde de Ames, Blas García, así como varios/as concelleiros/as do Grupo de goberno.

“En memoria de Jose Manuel Pose Mesura polo seu apoio incondicional para a consecución da apertura da rúa Viorneira ao tráfico, así como a implantación dun paso de peóns con semáforo, que inicia a humanización do Milladoiro e do seu casco antigo coa avenida de Rosalía de Castro e Palmira Bulevar”, este é o texto que se pode ler na placa colocada no monólito que se atopa situado na rúa Viorneira, no Milladoiro.

Dita placa foi colocada durante o transcurso do acto de homenaxe ao exdelegado do Goberno, José Manuel Pose Mesura, organizado o pasado sábado, 29 de xaneiro, pola asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar e que contou coa colaboración do Concello de Ames. A dito acto de recoñecemento asistiu a viúva do homenaxeado, Ana Romero Masía, o seu irmán, Modesto Pose, e maila filla. Tamén participaron o actual delegado do Goberno, Jose Miñones, o alcalde de Ames, Blas García, así como varios/as concelleiros/as do Grupo de goberno.

Parte do acto desenvolveuse no local de dita asociación, situado na rúa Viorneira, onde a viúva do homenaxeado, o actual delegado do Goberno, Jose Miñones, e o alcalde de Ames, asinaron no libro de honra de dita asociación. A continuación colocouse unha placa en recordo do homenaxeado no monólito que está na rúa Viorneira. Tras a colocación de dita placa autoridades e familiares de Pose Mesura agradeceron a organización de dito acto.

José Manuel Pose Mesura foi subdelegado do Goberno na provincia da Coruña, e en outubro de 2011 foi designado delegado do Goberno en Galicia, en substitución de Miguel Cortizo. Dita homenaxe realizouse pola vinculación que tivo Pose Mesura coa humanización do Milladoiro e concretamente coa apertura da rúa Viorneira no ano 2011, que permitiu conectar esta rúa coa avenida de Rosalía de Castro e coa améndoa da zona antiga do Milladoiro.

O presidente da asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira, Bulevar, José Manuel Fernández, valorou de xeito moi positivo o acto do sábado. “Pose Mesura contribuíu a dar os primeiros pasos para a humanización do Milladoiro e este acto de recoñecemento era necesario. Estamos satisfeitos pola acollida que tivo o acto de homenaxe a Jose Manuel Pose Mesura no que tamén participaron veciños e veciñas do Milladoiro”. Ademais, destacou que “agardamos ter pronto unha xuntanza co alcalde Ames para que nos dea máis información sobre o proxecto de humanización da avenida de Rosalía de Castro e así seguir o camiño iniciado por José Manuel Pose Mesura xa hai máis de 10 anos”.
 
O alcalde de Ames, Blas García, destacou “a figura de José Manuel Pose pola súa dedicación permanente á vida pública nas distintas tarefas que desenvolveu” de tamén resaltou “especialmente a súa humanidade e empatía coas persoas”.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Homenaje póstumo a Xosé Manuel Pose Mesura en Ames"

Acto de homenaxe a José Manuel Pose Mesura

Multimedia

  • Acto de homenaxe a José Manuel Pose Mesura
  • Acto de homenaxe a José Manuel Pose Mesura
  • Acto de homenaxe a José Manuel Pose Mesura
  • Acto de homenaxe a José Manuel Pose Mesura
  • Acto de homenaxe a José Manuel Pose Mesura