Pestanas principais

A atleta amesá María Estévez consegue a medalla de ouro no Campionato de España de Clubs Sub20

Mércores, 30 de outubro de 2024

O pasado sábado 26 de outubro desenvolveuse en Madrid o campionato de España de clubs sub20, no que participou a atleta amesá María Estévez. A deportista conseguiu un gran resultado, rematando primeira na proba de 2.000 metros obstáculos, cunha vantaxe de 31” sobre a segunda clasificada.

O Concello de Ames estivo representado no campionato de España de clubs sub20, que se celebrou en Madrid o sábado 26 de outubro. Neste senso, a atleta María Estévez, que competiu como atleta filial do clube Ourense Atletismo, vén de realizar novamente unha gran actuación, ao rematar primeira na proba de 2.000 metros obstáculos cunha vantaxe de 31 segundos.

María proclamouse gañadora en 2024 e 2023 da carreira pedestre popular do Concello de Ames, nas categorías sub-18 e sub-16 respectivamente, e agora está a piques de culminar unha gran tempada 2024 na que se proclamou, entre outros, quinta no Campionato de España sub-18 nos 2000 metros obstáculos, terceira no Campionato de España Clubs 2ª División Mulleres - Final A en 800 metros A.L, e primeira no Campionato Xunta de Galicia sub-20 nos 800 metros A.L.

Estes resultados reflicten o esforzo e a dedicación desta deportista, consolidándoa como unha das atletas de medio fondo máis prometedoras da súa categoría a nivel nacional.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La atleta de Ames, María Estévez, medalla de oro en el Campeonato de España de clubes sub 20"

A atleta amesá María Estévez consegue a medalla de ouro no Campionato de España de Clubs Sub20

Multimedia

  • A atleta amesá María Estévez consegue a medalla de ouro no Campionato de España de Clubs Sub20