- Tematica
A nova promesa do atletismo amesá, amosou o seu potencial na sua primeira competición coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra ao clasificar nunha meritoria quinta posición no Campionato Galego de Campo a través sub-18 celebrado este pasado sábado en A Rúa. A participación de María contribuíu decisivamente a que o equipo feminino da sociedade ximnástica proclamásese campión galego de campo a través.
Con este resultado, María consegue unha praza na selección galega sub – 18 de cara ao Campionato de España de Cros de Seleccións Autonómicas a celebrar en Xetafe o próximo 25 de xaneiro.
Este campionato supuxo o seu debut coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, club ao que se uniu recentemente como atleta de medio fondo, para reforzar os seus equipos nas probas de 800 e 1500 metros. A pesar de ser a súa primeira experiencia co club pontevedrés, a xovén atleta demostrou unha gran adaptación, contribuíndo de xeito importante ao éxito da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, que se proclamou campioa galega por equipos de campo a través.