Pestanas principais

A Aula AMTIC organiza novos cursos para estes primeiros meses do ano

Domingo, 16 de febreiro de 2025

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza novos cursos para estes primeiros meses de 2025. Estas novas formacións, dirixidas para adultos, inclúen a creación dun blog persoal, creación dunha web persoal e traballo na nube. Así mesmo, aínda quedan prazas dispoñibles para os cursos de mecanografía dirixidos aos menores a partir de 10 anos que se impartirán entre abril e maio. As persoas interesadas en participar poden facer a inscrición a través do número de teléfono 674 59 48 43, enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com coa ficha de inscrición cuberta ou de xeito presencial nas propias instalacións da aula AMTIC do Milladoiro. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

A aula AMTIC do Milladoiro organiza para este mes de febreiro e os vindeiros marzo e abril, novos cursos de formación dirixidos para persoas adultas.

Esta programación comeza co curso “Creación blog persoal”, que se impartirá os vindeiros días 26 e 27 de febreiro e 5 de marzo, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Nesta primeira formación, o alumnado poderá aprender a crear e manexar de maneira fluída páxinas como Blogger ou Wordpress.com para poder crear os seus blogs persoais na rede. Ademais, tamén poderán adquirir conceptos e ferramentas relacionadas con este sector.  

Na mesma liña, impartirase a formación “Creación web persoal”, no que os participantes adquirirán unha ampla formación para a creación dunha web WYSIWYG en Google Sites, dende o coñecementos máis básicos coma o rexistro ata os conceptos máis avanzados de personalización que permite a páxina. Dito curso desenvolverase os vindeiros días 6, 12 e 13 de marzo, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

O último dos cursos será “Traballando na nube”, na que se traballarán contidos como o uso de Google Drive, as posibilidades que ofrecen as aplicacións de ofimática como Microsoft 365 ou OneDrive ou demais conceptos relacionados coa nube.

Cursos dirixidos a menores
Por outra banda, a aula AMTIC do Milladoiro organiza dous cursos dirixidos para menores neste comezo de ano. Un deles, o curso de informática nivel medio para rapaces e rapazas de 9 a 12 anos, comezou este pasado 16 de xaneiro e ten todas as súas prazas cubertas.

Con todo, para o curso de mecanografía orientado a menores a partir de 10 anos, aínda ten prazas dispoñibles. Esta formación desenvolverase todos os venres desde o vindeiro 11 de abril ata o 13 de maio, en horario de 17.15 a 18.45 horas.

As persoas interesadas en participar en calquera destes cursos poden facer a inscrición a través do número de teléfono 674 59 48 43, enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@gmail.com coa ficha de inscrición cuberta ou de xeito presencial nas propias instalacións da aula AMTIC do Milladoiro. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

A Aula AMTIC organiza novos cursos para estes primeiros meses do ano

Multimedia

  • A Aula AMTIC organiza novos cursos para estes primeiros meses do ano