- Tematica
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza para os meses de outubro e novembro dous obradoiros de mecanografía: un dirixido a persoas de máis de 13 anos e outro para rapaces e rapaza de 8 a 12 anos. Ofértanse 24 prazas (12 para cada quenda). As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos programas poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.
A Aula AMTIC programa novas actividades para os meses de outono. Deste xeito, vai acoller dous obradoiros de mecanografía nos meses de outubro e novembro. O primeiro desenvolverase do 16 de outubro ao 27 de novembro, os luns de 18.30 a 19.30 horas, para persoas maiores de 13 anos. Para dito obradoiro ofértanse 12 prazas. Ademais, impártese outro obradoiro do 17 de outubro ao 28 de novembro, os martes de 18.30 a 19.30 horas. Neste caso está dirixido a rapaces e rapazas de 8 a 12 anos. Tamén se ofertan 12 prazas.
As persoas que estean interesadas xa poden tramitar a súa inscrición. As prazas asignaranse por orde de recepción das solicitudes ata completarse. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.
As inscricións tamén se poden facer de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC), na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: os luns e martes de 10.00 a 13.00h e de 16.00 a 20.00 horas. Os mércores, xoves e venres o horario é de 10.00 a 13.00 horas.
Para consultar calquera dúbida pódese contactar coa AMTIC chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.gal.
Novas relacionadas:
Ames Go: "Obradoiros de mecanografía no Milladoiro"