- Tematica
Debido ao estado de alarma provocado polo coronavirus, as instalacións da Aula CeMIT de Ames permanecen pechadas, pero a súa actividade segue funcionando. Desta maneira, dende a Aula están a preparar alternativas a modo de pequenos titoriais e videoconferencias sobre temas que poden ser moi útiles para a cidadanía en momentos como os que estamos a vivir.
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, encóntrase pechada ao público debido á alerta sanitaria. Aínda así, esta aula informativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como un dos seus obxectivos principais desenvolver formación para os veciños e veciñas de Ames aínda que nos atopemos vivindo circunstancias excepcionais.
Desta maneira, actualmente a Aula encontrase preparando alternativas a modo de pequenos titoriais e videoconferencias sobre temas que poden ser útiles agora mesmo. Entre estas alternativas atopámonos coa instalación e uso de certificados dixitais, ferramentas para manternos comunicados coa nosa familia e amigos (videoconferencias e xogos online) ou ferramentas de teleasistencia (para controlar de forma sinxela os ordenadores de familiares para poder axudarlles no uso cotiá).
Estas videoconferencias, así como outras actividades que poden ser de interese, serán promocionadas a través das súas redes sociais. Asemade, explicarase como se pode acceder a elas cunhas pequenas instrucións. Para seguir as súas redes, premendo nestes enlaces podes acceder ao seu Instagram e ao seu Facebook.
Ademais, pódese solicitar máis información chamando ao teléfono 682 373 753 ou enviando un correo electrónico a cemit.ames@xunta.gal.