Pestanas principais

A Aula CEMIT de Bertamiráns reinicia a súa actividade

Luns, 10 de abril de 2017

[10-04-2017] Desde hoxe, a Aula CEMIT, situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, volve a estar aberta. O horario de atención ao público é o seguinte: desde as 9:45 da mañá até as 13:15 e desde as 16:30 ata as 20:00 horas. Calquera persoa que o desexe pode acudir neste horario. En breve darase a coñecer a programación específica que a Aula está preparando para estes meses.