Pestanas principais

A Aula CeMIT do Concello de Ames ofrece en xullo unha nova charla do proxecto Tomando as rendas

Mércores, 27 de xuño de 2012

[27-06-2012] A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Ames participa no proxecto Tomando as rendas que consta de cinco charlas sobre iniciativa empresarial. Este proxecto está destinado a mulleres de entre 25 e 45 anos que queiran crear o seu propio negocio. Con esta iniciativa ofrécese a formación, o asesoramento e o seguimento necesario para comezar a poñer en marcha un negocio. A segunda charla impartirase por vídeo-conferencia o vindeiro venres, 20 de xullo, en horario de 10:00 h a 14:00 horas. O prazo de inscrición para esta charla estará aberto ata o 19 de xullo. Esta aula de informática, dependente da Xunta de Galicia, ofrece obradoiros e charlas dirixidos á veciñanza amiense.

A Aula de informática de Bertamiráns desenvolve todos os meses varios cursos e charlas co obxectivo de que a veciñanza amiense teña a oportunidade de mellorar a súa formación no eido da informática e noutros eidos. Neste caso a Aula CeMIT do Concello de Ames participa no proxecto Tomando as rendas. Este proxecto está destinado a mulleres de entre 25 e 45 anos que queiran montar o seu propio negocio. Con este iniciativa ofrécese a formación, o asesoramento e o seguimento necesario para comezar a poñer en marcha o negocio propio.

Tomando as rendas é un proxecto para que as mulleres tomen as rendas da súa economía familiar, desenvolvendo un proxecto de vida autónoma que lles permita dispor do seu propio negocio. A través desta iniciativa preténdese aumentar a calidade de vida da veciñanza amiense e conseguir xerar autoemprego a través da creación de novos negocios.

Este proxecto está composto por cinco charlas dirixidas a mulleres emprendedoras que desexen crear o seu propio negocio. As charlas impartiranse a través de vídeo-conferencia. A primeira charla impartirase mañá, 28 de xuño, en horario de 10:00 h a 14:00 horas. Mentres que a segunda charla está programada para o vindeiro venres, 20 de xullo, en horario de 10:00 h a 14:00 horas. O prazo de inscrición para esta charla estará aberto ata o 19 de xullo.

Para toda obter máis información sobre este proxecto poden consultar a páxina web http://tomandolasriendas.es/. Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre este proxecto poden dirixirse á Aula CeMIT de Ames sita na Praza de Chavián s/n (Casa da Cultura), a través da páxina web aulascemit.xunta.es/inscripcion, chamar ao teléfono 662 371 511, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.ames@xunta.es.