Pestanas principais

A aula CeMIT organiza catro novos cursos de formación para os meses de verán

Xoves, 13 de xuño de 2024

 Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa en 2024 con catro cursos dirixidos á rapazada. Os contidos céntranse na iniciación á mecanografía ou na edición de imaxes, entre outros. Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT. A inscrición pode facerse a través desta ligazón.

Cursos para rapaces
A primeira das formacións ofertadas pola aula CeMIT para a rapazada é “Informática lúdica”, que se impartirá os martes de 10:30 a 12:00 horas desde o 25 de xuño ata o 23 de xullo. Neste curso, dirixido a nenos e nenas entre 6 e 8 anos, os pequenos da casa aprenderán a manexarse co ordenador e os seus programas mediante xogos e actividades divertidas, para acostumarse ó uso do rato e o teclado, e entender o funcionamento básico da computadora.

Entre o 26 de xuño e o 24 de xullo haberá outra formación: “Scratch en verán”. O scratch é unha linguaxe de programación por bloques moi visual e adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, dando pé a que se adentren na robótica educativa. Diríxese á rapazada de entre 8 e 12 anos, e desenvolverase os mércores de 10:00 a 12:00 horas.

Para os adolescentes de 12 a 16 anos haberá un curso de “Edición de imaxes”, que se impartirá do 27 de xuño ao 18 de xullo; os xoves, de 10:00 a 12:00 horas. Nel a rapazada aprenderá manexarse coa interface do programa GIMP, comprenderán os conceptos básicos na imaxe dixital e as ferramentas máis valiosas de este tipo de programas. Ademais, tamén recibirán unhas nocións básicas do deseño vectorial con Inkscape.

Doutra banda, haberá unha formación de “Introdución á mecanografía”. O curso impartirase para dous grupos: un será para rapaces de entre 7 e 10 anos; e o segundo para os de entre 10 e 14 anos. Nel empregarase unha plataforma online coa que o alumnado poderá continuar practicando en calquera momento dende a súa casa. O curso desenvolverase entre o 1 e o 29 de xullo. Para os cativos/as de entre 7 e 10 anos terá lugar os luns de 10:00 a 11:00 horas; mentres que para os de entre 11 e 14 anos impartirase os xoves de 11:00 a 12:00 horas.

Para matricularse en calquera destes cursos, os menores de idade deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT. A inscrición pode facerse a través desta ligazón.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Informática más manejo de software y mecanografía para los vecinos de Ames de entre 6 y 16 años en el Aula CeMIT"

A aula CeMIT organiza catro novos cursos de formación para os meses de verán