Pestanas principais

A Aula da Natureza anuncia a súa programación de actividades para febreiro e marzo

Luns, 27 de xaneiro de 2025

A Aula da Natureza anuncia a súa programación para os vindeiros meses de febreiro e marzo. A primeira das actividades programadas terá lugar este sábado 1 de febreiro cun taller de impresión botánica téxtil – Hapa Home, impartido en horario de 11.00 a 13.00 horas por María Luisa Mosquera e Atelier Casperlora nas instalacións da Aula da Natureza, en Quintáns (Ameixenda). Para inscribirse nesta e no resto de actividades da Aula da Natureza, é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. A programación dará comezo este sábado 1 de febreiro cun taller de impresión botánica téxtil – Hapa Home impartido, en horario de 11.00 a 13.00 horas, por María Luisa Mosquera e Atelier Casperlora. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso inscrición previa, que estará aberta ata o venres 31 de xaneiro ás 14.00 horas. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.30 desde a Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45, desde o Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Ademais da realización deste obradoiro, está previsto para este domingo, 2 de febreiro, de 10.30 a 18.00 horas, en conmemoración do día mundial dos humedais, realizarase unha ruta circular pola Lagoa de Cospeito. Deste xeito, os participantes poderán coñecer a fauna e flora do lugar e, ademais, contarán cunha visita guiada á Torre de Caldaloba, unha construción que data da época medieval e declarada como BIC no ano 1994. Hai 40 prazas para participar nesta actividade. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.30 desde Bertamiráns e ás 10.45 do Milladoiro

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explica que “a Aula da Natureza ten programadas diversas actividades para este inicio de ano. Temos previsto desenvolver diferentes obradoiros e cursos, unha visita á lagoa de Cospeito e unha saída pola ruta de Riamontes. Trátase dunha programación variada que está pensada para todos os públicos. Son actividades que soen ten un gran participación, polo que animamos á veciñanza a que se inscriba o antes posible".

Programación para o mes de febreiro
Ao longo do mes de febreiro haberá varias actividades impartidas pola Aula da Natureza. O vindeiro sábado 8 de febreiro, realizarase o obradoiro “Puntadas. Recicla, Reduce, Reutiliza”, unha actividade dirixida ás crianzas de entre 8 e 14 anos na que poderán introducirse no mundo do deseño e a confección de pequenas prendas.

Así mesmo, para o sábado 15 e domingo 23, están programadas as xornadas do curso de poda, unhas clases teórico-prácticas sobre como realizar correctamente as podas das árbores froiteiras. A última actividade de febreiro terá lugar o sábado 22, dirixida para a rapazada de entre 6 e 14 anos, e será un obradoiro para deseñar e confeccionar máscaras para o Entroido con elementos naturais.

Programación para marzo
A programación de inverno da Aula da Natureza continuará no mes de marzo con dúas actividades previstas. A primeira delas será un obradoiro de cestería en espiral, impartido por Lola Tourón e dirixido ao público adulto. Para finalizar, o domingo 23 de marzo, realizarase a Ruta de Riamonte, un percorrido de sendeirismo no que coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamonte.

Para inscribirse en todas as actividades da Aula da Natureza é preciso enviar cuberta a ficha de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón, a auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza anuncia a súa programación de actividades para febreiro e marzo

Multimedia

  • A Aula da Natureza anuncia a súa programación de actividades para febreiro e marzo
  • A Aula da Natureza anuncia a súa programación de actividades para febreiro e marzo