- Tematica
A Concellería de Transición Ecolóxica e Medio Rural, a través da Aula da Natureza, tiña programado para esta primavera un curso de horta sostible. Pero debido ás circunstancias por todos coñecidas de illamento social, non se puido levar a cabo. Por iso, a Aula ofrece unhas instrucións e consellos para que os nosos autocultivos de produtos desta tempada sexan un éxito.
A Aula da Natureza tiña previsto diversos cursos e actividades que debido á situación actual, non puideron realizarse. Dentro deses cursos, unhas das cuestións máis importantes e coñecer as hortalizas propias da época e as variedades máis nosas.
Por exemplo, entre os cultivos de horta con flor para esta primavera, atopamos o brócoli, a coliflor, a alcachofa, a caléndula, flores variadas (capuchina, centáurea), aromáticas, romanesco, manzanilla ou azafrán. En canto a cultivos de horta de raíz para esta primavera, están os rabaniños, a remolacha, a cenoria, os boniatos, os allos, a pataca ou as cebolas. Sen esquecernos dos cultivos de froito, como os berros, os espárragos, as espinacas, as coles de bruxelas, a acelga, a lombarda, os porros, o fiuncho, os canónigos, a leituga, o tomate, a cabaza, as fresas... e un largo etcétera.
Ademais, ten especial importancia coñecer que plantas se dan ben cando están cultivadas xuntas, así como aquelas que polos seus requirimentos, non son compatibles. A asociación de cultivos pode achegar moitas vantaxes ao noso horto ecolóxico. As necesidades de cada un dos cultivos son distintas e compleméntanse, polo que se minimiza a relación de competencia das plantas que crecen xuntas e a propagación de pragas e enfermidades.
Así, ao pé desta nova hai documentación sobre este tema, recollida de cursos anteriores. A Aula da Natureza desexa que vos sexa útil tanto ás persoas que teñades pequenas hortas sostibles ou ben para todos os que queirades sumarvos á práctica do autocultivo. Lembra, “de aquí e de tempada, mellor para todos”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames promove na corentena unha conciencia máis sostible"