Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza o 6 de abril o obradoiro “Alianza cos morcegos”

Mércores, 03 de abril de 2024

A Aula da Natureza organiza este sábado, 6 de abril, un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. En caso de choiva, o obradoiro farase nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).

Este sábado, 6 de abril, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de construción e colocación de caixas niño-refuxio para morcegos. A actividade está dirixida a mozos e mozas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na contorna da Carballeira dos Trasgos (Paramuíño). En caso de choiva, o obradoiro trasladarase ás instalacións da Aula da Natureza no lugar de Quintáns, na Ameixenda.

Os morcegos seguen sendo grandes descoñecidos para o público xeral e, aínda que son habitantes habituais de zonas urbanas e rurais e achegan grandes beneficios para o benestar humano, estes pequenos mamíferos arrastran unha connotación negativa, rodeada de mitos e datos erróneos.

Os morcegos xogan un papel clave no control de pragas agrícolas e de mosquitos. Poden comer entre 600 e 1,200 mosquitos por hora e nunha soa noite, o total equivalente ao seu peso corporal. Sen eles, a nosa vida sería moito máis incómoda. Ademais, xunto coas aves, controlan a procesionaria do piñeiro de parques e xardíns e outras pragas
 
Este obradoiro consistirá na construción e colocación de caixas niño-refuxio para colonias de morcegos deseñadas tanto para morcegos semi - urbanos como de campo.

Ao longo da xornada, profundarase sobre as ameazas que existen sobre este grupo de mamíferos, a necesidade e obxectivos de colocar refuxios, as razóns polas que se elixe unha paraxe concreta para a súa colocación, os motivos polos que se elixe un lugar exacto (xeralmente unha árbore) e a altura e orientación recomendable, que especies e cando poden ocupar ditas caixas.

As caixas colocadas servirán como recurso educativo para explicar á veciñanza e aos escolares que visitan a zona a importancia destes animais.

Servizo de autobús
O obradoiro contará cun servizo de autobús, que terá o seguinte horario e paradas:

Saída:

  •  10:30 horas – Pazo da Peregrina de Bertamiráns
  • 10:45 horas – Casa da Cultura do Milladoiro

Regreso:

  • 14:00 horas – Casa da Cultura do Milladoiro
  • 14:15 horas – Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Para obter máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza o 6 de abril o obradoiro “Alianza cos morcegos”

Multimedia

  • A Aula da Natureza organiza o 6 de abril o obradoiro “Alianza cos morcegos”