Pestanas principais

A Aula de informática do Milladoiro organiza un obradoiro infantil de postais de Nadal do 26 ao 28 de decembro

Martes, 13 de decembro de 2016

[13-12-2016] A Aula de informática do Milladoiro está desenvolvendo a programación de outono dende o pasado mes de outubro. Para este mes de decembro organizou un obradoiro infantil no que os nenos e nenas de entre 6 e 8 anos aprenderán a elaborar postais de Nadal. As datas e mailo horario no que se vai impartir este obradoiro foron modificadas. Finalmente, desenvolverase do 26 ao 28 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas. As inscricións para este obradoiro pódense realizar na propia Aula de Informática, que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro.

Para finalizar o ano, neste mes de decembro, a Aula de informática do Milladoiro vai desenvolver un obradoiro infantil de elaboración de postais de Nadal, que está dirixido aos nenos e nenas de 6 a 8 anos. As datas e mailo horario no que se vai impartir este obradoiro foron modificadas. Finalmente, desenvolverase do 26 ao 28 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas. Para esta actividade ofértanse 10 prazas. Este obradoiro terá unha duración de 3 horas. Neste obradoiro ensinaráselle aos nenos/as como usar o programa LibreOffice Draw, para crear debuxos e inserir imaxes relacionadas co Nadal.

As inscricións para este obradoiro pódense realizar na Aula de Informática, que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que non participaron nas mesmas actividades en trimestres anteriores. Para inscribirse é preciso estar empadroado no Concello de Ames e para que se formen os grupos é necesario un mínimo de sete persoas inscritas.

As inscricións poderán facerse en horario de Aula Aberta, de luns a xoves de 16:00 a 20:00 horas, e os venres de 9:30 a 13:30 horas. Calquera persoa que desexe máis información poderá obtela directamente na Aula de Informática, enviando un correo electrónico ao enderezo informatica.milladoiro@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 981 535 940.

Por outra banda a Aula de Informática do Milladoiro mantén un servizo de Aula Aberta para que todas aquelas persoas que desexen facer tarefas particulares tales como consultar o correo electrónico, facer traballos persoais, ler o xornal, pedir unha cita médica ou buscar información. O horario de acceso da Aula Aberta é de 16:00 a 20:00 horas de luns a xoves. Os venres, o servizo de aula aberta préstase pola mañá, entre as 9:30 e as 13:30. Para poder beneficiarse deste servizo é preciso estar empadroado no Concello de Ames.