Pestanas principais

Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros

Venres, 07 de xullo de 2023

O alcalde de Ames, Blas García, e mailo novo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, achegáronse ata o lugar das Buceleiras, na parroquia de Bugallido, co fin de revisar as obras que se están realizando nesta aldea co obxectivo de mellorar os seus camiños interiores. Estas obras foron adxudicadas á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA por un importe de 242.500 euros. O proxecto, que está incluído no Plan Ames Progresa 2021-2023, inclúe actuacións en arredor de dous quilómetros de treitos, con reformas no asfalto e no pavimento, reparación de fochancas e sendas peonís.

O alcalde e mailo novo concelleiro de Obras e Servizos Básicos realizaron esta semana unha visita ao lugar das Buceleiras para comprobar o estado das obras que se están executando nesta aldea de Bugallido. O Concello está realizando un importante investimento nas Buceleiras co obxectivo de mellorar os seus camiños interiores. As obras foron adxudicadas á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA por un importe de 242.500 euros.

Neste senso, estase actuando ao longo de arredor de dous quilómetros de accesos e vías interiores do núcleo, repartidos en varios treitos de actuación. Na parte sur do núcleo, ao longo dunha superficie de 1.130 metros cadrados, estase executando un novo pavimento de formigón con lastras de granito, baixo os que se executan redes de drenaxe e de alumeado público.

Na parte central e leste das Buceleiras execútanse novas capas de rodaxe con aglomerado asfáltico, que inclúen a reparación de fochancas e, nalgúns tramos nos que sexa posible, a ampliación do viario mediante sobreanchuras.

Ademais, estanse creando varias sendas peonís de formigón, que suman un total de 555 metros de treitos. Por último, na parte norte estanse limpando as marxes dos camiños e executando unha nova plataforma de formigón. As actuacións pecharanse coa sinalización horizontal e cinco sinais de stop.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca “a aposta que este Goberno fai polo rural amesán, no que se está traballando e mellorando en moitos núcleos, ademais doutros investimentos importantes como o alumeado led ou a mellora dos servizos. A través de ditas melloras tratamos de que os nosos núcleos sexan lugares atractivos para vivir. Ademais, avanzamos co Plan Ames Progresa, co que seguimos coas actuacións nas vías e infraestruturas do rural”.

O novo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, indica que “con estas actuacións continúase mellorando os núcleos do rural de Ames. As obras que se están executando nas Buceleiras van incrementar a seguridade peonil e van mellorar o estado dos camiños interiores. Para a mellora de ditos camiños emprégase formigón e adoquín. Ademais, estase facendo un desvío das augas cara unha nova canalización de pluviais co obxectivo de que non se produzan charcas de auga, como se viñan producindo ata o de agora, o que provocaba que incluso entrase algo de auga nalgunha das vivendas desta aldea”.

Novas relacionadas:

Enfoques: "Avanzan las obras en los interiores de A Buceleiras, en Ames"

Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros

Multimedia

  • Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros
  • Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros
  • Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros
  • Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros
  • Avanzan as obras de mellora dos interiores das Buceleiras, en Bugallido, nas que se invisten 242.500 euros