Pestanas principais

A avaría do depósito de auga de Aldea Nova deixa á urbanización e a parte de Bertamiráns sen suministro

Luns, 04 de xullo de 2016

[04-07-2016] O Concello de Ames informa de que, debido a unha avaría no depósito de auga de Aldea Nova, interrompeuse o suministro de auga en parte de Bertamiráns e da propia urbanización de Aldea Nova. Tamén deixou de funcionar o depósito de Castiñeiro de Lobo, deixando en consecuencia a parte dos e das habitantes do concello de Brión sen auga.