Pestanas principais

Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior polo desbordamento do río Tambre

Mércores, 14 de marzo de 2018

[14-03-2018] Augas de Galicia informa de incrementos de caudal para este mércores 14 e mailo xoves 15 de marzo no centro e sur da demarcación Galicia costa, superándose o caudal crítico nas bacías dos ríos Xallas, Tambre, Sar, Umia, Lérez e Verdugo polo que se espera enchido das concas e algún desbordamento puntual. En previsión deste fenómeno, A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa o Plan Especial para o risco de inundacións en Galicia, en fase de ALERTA.

Lémbrase á veciñanza que debe adoptar as medidas preventivas necesarias e alértase/mobilízanse os medios e recursos dispoñibles. Para informar de calquera incidencia que haxa pódese chamar ao 112, ao número de teléfono 619 767 575 da Policía Local de Ames ou da Agrupación de Protección Civil, 673 178 888.