Pestanas principais

Axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal e de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade

Mércores, 26 de abril de 2017

[26-04-2017] O Concello de Ames informa de que a Consellería de Política Social convocou as axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa FSE Galicia 2014-2020 para o ano 2017. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre esta convocatoria de axudas e o lugar onde se poden presentar as solicitudes.