Pestanas principais

Bando sobre o peche das rúas Ameneiral e Entrerríos por mor da celebración dun desfile de modelos

Mércores, 22 de outubro de 2014

[22-10-2014] O Concello de Ames informa, a través dun bando municipal, que o vindeiro venres, 24 de outubro, as rúas Ameneiral e Entrerríos quedarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento debido a celebración en ditas rúas dun desfile de moda. En ambas as dúas rúas permitirase o acceso aos garaxes dende as 8:00 h ata as 14:00 horas. Premendo no bando que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre este asunto.