Pestanas principais

Bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS

Mércores, 12 de marzo de 2014

[12-03-2014] O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos amienses no exercicio 2014. En total, destínanse 18.500 euros para esta convocatoria de subvencións. A través destas achegas poderanse sufragar ata un máximo do 80% das saídas culturais ou das actividades extraescolares, que levan a cabo estas asociacións. As bases desta convocatoria de axudas saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o mércores 26 de marzo de 2014. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto durante todo o mes de novembro de 2014. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude desta convocatoria de axudas.