Pestanas principais

Bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio 2013

Venres, 07 de marzo de 2014

[07-03-2014] O Concello de Ames informa sobre a convocatoria de subvencións para a promoción do comercio no municipio. Neste exercicio, a convocatoria de subvencións está dotada de 25.000 euros. Esta contía repártese en dous capítulos. A primeira partida, destinada á promoción comercial, está dotada de 19.000 euros, mentres que a segunda partida estará destinada a infraestruturas e equipamentos e disporá de 6.000 euros. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dende o día 18 de marzo ata o 19 de abril, xa que o xoves 17 é festivo ao ser Xoves Santo. Polo tanto, haberá un prazo de un mes para presentar as solicitudes. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio correspondente ao exercicio 2013.