Pestanas principais

Bases da convocatoria para a contratación, laboral temporal por obra ou servizo determinado a media xornada, de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral para o programa de emprego "InserAmes V" do Concello de Ames

Martes, 08 de novembro de 2011

[08-11-2011] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o anuncio e as bases da convocatoria para a contratación, laboral temporal por obra ou servizo determinado a media xornada, de dous/dúas técnicos/as de inserción laboral para o programa integrado de emprego "InserAmes V". Picando nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información e descargar os impresos para participar nesta convocatoria: o anuncio completo, un modelo de declaración xurada, as bases e un modelo de solicitude.