Pestanas principais

Bases e modelo de solicitude da convocatoria para a creación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán 2016)

Venres, 01 de xullo de 2016

[01-07-2016] O departamento de Persoal fai públicas as bases e mailo modelo de solicitude da convocatoria para a creación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán 2016). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito documento. O prazo para apuntarse neste proceso selectivo é de cinco días hábiles dende o día seguinte á publicación das bases no BOP. Debido a que as bases saen publicadas no BOP o venres, 1 de xullo, o prazo de inscrición remata o xoves 7 de xullo (incluído).