Pestanas principais

As bibliotecas amesás organizan un obradoiro polo Día de Rosalía para a rapazada de 3º a 6º de primaria

Luns, 14 de febreiro de 2022

Este luns 14 de febreiro abren as inscricións para participar nun obradoiro de pintado de camisetas co gallo da celebración do Día de Rosalía. Os nenos e nenas máis maiores de primaria decorarán as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballarán ao longo da xornada, e pintarán unha ilustración co seu retrato. Os talleres terán lugar o venres 25 no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 11:30 horas respectivamente.

O departamento de Bibliotecas amesán retoma as actividades para as nenas e nenos de 3º a 6º de primaria, unha vez que xa volveron tamén as actividades para crianzas dos 3 aos 8 anos. Nesta ocasión, a rapazada poderá gozar dun obradoiro no que se traballará coa obra de Rosalía de Castro a través da impresión de camisetas.

O taller desenvolverase de maneira dual nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns. No centro do Milladoiro terá lugar o venres 25, ás 17:30 horas, mentres que a biblioteca de Bertamiráns acollerá o obradoiro o seguinte día pola mañá, o sábado 26 ás 11:30 horas.

Para reservar praza nestas sesións de animación á lectura, cun aforo limitado ás 15 prazas, cómpre poñerse en contacto co Departamento de Bibliotecas de Ames, a través do enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Por outra banda, pódese solicitar a inscrición falando directamente coa biblioteca á que se desexe asistir: para a biblioteca do Milladoiro, consultando no 981 53 08 07, mentres que para a de Bertamiráns, chamando ao 981 88 48 29. O prazo de inscrición abre este luns 14 e rematará o mércores 23 de febreiro.

Abren as inscricións para Bertamiráns de “1 ovelliña, 2 ovelliñas, 3 ovelliñas...”

Dende este mesmo luns 14 ata o sábado 19 de febreiro, e despois do seu paso pola biblioteca do Milladoiro, están abertas as inscricións para a sesión de contos “1 ovelliña, 2 ovelliñas, 3 ovelliñas...” en Bertamiráns. A proposta de narrativa oral, dirixida a nenos e nenas dos 3 aos 8 anos, terá lugar os días 22, 23 e 24 de febreiro, sempre ás 17:30 horas. Para anotarse, cómpre chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

As bibliotecas amesás organizan un obradoiro polo Día de Rosalía para a rapazada de 3º a 6º de primaria

Multimedia

  • As bibliotecas amesás organizan un obradoiro polo Día de Rosalía para a rapazada de 3º a 6º de primaria
  • As bibliotecas amesás organizan un obradoiro polo Día de Rosalía para a rapazada de 3º a 6º de primaria