- Tematica
Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. As familias que desexen participar poderán inscribirse ata o 30 de abril escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829. Este obradoiro está enmarcado dentro de Ler conta moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.
Rematada a programación de abril coa que as bibliotecas municipais celebraron o mes do libro, as actividades continúan no mes de maio co obradoiro "O outro lado de Luisa, a ilustración" para conmemorar o Día das Letras Galegas. Esta actividade, dirixida a rapazada a partir 3º de primaria en diante, será o venres 3 de maio ás 17h na biblioteca do Milladoiro e o sábado 4 de maio ás 11.30h na biblioteca de Bertamiráns.
A rapazada poderá inscribirse entre ata o 30 de abril escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 (biblioteca do Milladoiro) ou 981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns).
Obradoiro “O outro lado de Luísa, a ilustración”
Trátase dun obradoiro de experimentación con libros, combinando a experimentación artística, o book art e a poesía de Luísa Villalta, autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024. A actividade xira arredor do xogo e a experimentación creativa, empregando como material de base libros rexeitados e "inservibles" para versionar unha serie de poemas de Villalta.
A encargada de conducilo é Laura Romero, ilustradora, música, e autora de diversos proxectos dirixidos a visibilizar a figura das mulleres na música galega. Baixista da banda de rock Zënzar, desde o ano 2018 actúa para os máis pequenos co músico Pakolas no espectáculo Cores, Contos & Rock and Roll.
Novas relacionadas: