- Tematica
As bibliotecas municipais de Ames continúan coa programación de actividades para este mes de outubro. Esta semana haberá dúas sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Así, o mércores 16 na biblioteca de Bertamiráns, e o xoves 17 na biblioteca do Milladoiro, os nenos e nenas poderán desfrutar dos Contos que veñen e van, con historias tradicionais e actuais onde as voces e os xestos de Pavís Pavós son os elementos principais para transmitilas. A sesións comezarán ás 17:30 horas. Esta mesma semana tamén se desenvolverá o obradoiro creativo: Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína.
As sesións de contacontos nas bibliotecas municipais xa comezaron os días 2 e 3 de outubro e continúan esta semana, o mércores 16 e mailo xoves 17, cos Contos que veñen e van, que son historias tradicionais e actuais onde as voces e os xestos de Pavís Pavós son os elementos principais para transmitilas. A sesións comezarán ás 17:30 horas nas dúas bibliotecas.
Esta mesma semana desenvolverase un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria, baixo o título Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína. Será o veres 18 na biblioteca do Milladoiro, ás 17:00 horas, e o sábado 19 na biblioteca de Bertamiráns, ás 11:00 horas. Para participar desta actividade é necesario inscribirse. Os interesados e interesadas pódeno facer, ata hoxe 15 de outubro, nas bibliotecas municipais, nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829, ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Hai 15 prazas dispoñibles.
A Biblioteca do Milladoiro acollerá o xoves 24 de outubro, unha nova sesión de contacontos ás 17:30 horas. Desta volta, chegan os Contos do dereito e do revés, unha actividade de dinamización lingüística e de sensibilización contra a violencia de xénero a través da narración de contos tradicionais e de obras de creación contemporánea. As sesións de contacontos do mes de outubro pecharanse coa actividade Diagnosticando a igualdade, que se desenvolverá o martes 29 na Biblioteca do Bertamiráns, e o mércores 30 na Biblioteca do Milladoiro. Ambas sesións serán tamén ás 17:30 horas.
Actividades no mes de novembro
As actividades das bibliotecas para o mes de novembro abriranse cunha nova sesión de contacontos, o mércores 13 na Biblioteca do Milladoiro e o xoves 14 na Biblioteca de Bertamiráns. Será coas Lembranzas da Carolina, un conto teatralizado coa compañía Menos dá unha pedra. Ambas sesións comezarán ás 17:30 horas.
Ademais, desenvolverase un obradoiro creativo para nenos e nenas de 3º a 6º de primaria, baixo o título Búscanse Valentes. Inspiración poética. Será o veres 22 na biblioteca do Milladoiro, ás 17:00 horas, e o sábado 23 na biblioteca de Bertamiráns, ás 11:00 horas. Para participar desta actividade é necesario inscribirse. Os interesados e interesadas poderano facer, do 4 ao 18 de novembro, nas bibliotecas municipais, nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829, ou no enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Hai 15 prazas dispoñibles.
Dúas novas sesións de contacontos, desta volta a través dos Contos sobre a igualdade por Ana Hermida, pecharán as actividades do mes de novembro. Contando en feminino desenvolverase o mércores 27 na Biblioteca do Milladoiro, e o xoves 28 na Biblioteca de Bertamiráns, no horario habitual das 17:30 horas.
Mes de decembro
Para o mes de decembro contémplase a realización de dúas novas sesión de contacontos para os nenos e nenas amesás. Antes das vacacións de Nadal, os os pequenos e pequenas poderán gozar do contacontos Parabéns para ti…, que se desenvolverá o mércores 11 na Biblioteca de Bertamiráns e o xoves 12 na Biblioteca do Milladoiro. Ambas sesións darán comezo ás 17:30 horas.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Obradoiros infantís e contacontos nas bibliotecas amienses todo o mes"