Pestanas principais

As bibliotecas municipais reciben o mes de novembro cunha nova sesión de contacontos

Luns, 11 de novembro de 2024

As bibliotecas municipais inauguran esta semana a súa programación para o mes de novembro, que inclúe varias propostas de animación á lectura. A partir do 18 de novembro estará aberto o prazo para inscribirse nunha nova sesión de animación á lectura que ofrecen as bibliotecas municipais de Ames para a cativada. Nesta ocasión, trátase dun contacontos pensado para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que terá lugar en tres quendas na biblioteca do Milladoiro. Para participar é necesario anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal ou chamando ao número 981 530 807. As inscricións para as sesións do mes de novembro en Bertamiráns están pechadas. 

“Contos monstruosos” é a nova proposta do departamento de Bibliotecas do Concello de Ames dentro da súa programación do outono. Trátase de seis sesións de contacontos para nenos e nenas de entre 3 e 8 anos que se desenvolverán os días 12, 13 e 14 en Bertamiráns e o 26, 27 e 28 de novembro no Milladoiro . Todas as sesións terán lugar ás 17:30 horas.

As inscricións para as sesións do mes de novembro en Bertamiráns están pechadas, pero aínda é posible participar nas do Milladoiro. Neste caso, as inscricións deberán facerse entre o 18 e o 23 de novembro, chamando ao 981 530 807 ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal.

Sesións de contacontos para crianzas de 3 a 8 anos
A proposta do mes de decembro será “Nadal entre contos”, que se desenvolverá os días 3, 4 e 5 en Bertamiráns e o 17, 18 e 19 no Milladoiro. Neste caso, as inscricións abrirán do 25 ao 30 de novembro para a actividade en Bertamiráns e do 9 ao 14 de decembro para a sesión no Milladoiro.

Obradoiros para a rapazada de 3º a 6º de primaria
Ademais das sesións de narrativa oral, as bibliotecas organizan tamén dous obradoiros para as crianzas de 3º a 6º de primaria. Neste caso, as propostas celebraranse sempre os venres ás 17:00 no Milladoiro, e os sábados ás 11:30 horas en Bertamiráns.

Neste mes de novembro, con motivo do Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, estas acollerán o obradoiro “Autos tolos”, centrado na robótica e na electrónica. Esta actividade terá lugar na biblioteca do Milladoiro o venres 15 de novembro, ás 17:00 horas, e na biblioteca de Bertamiráns o sábado 16, ás 11:30 horas. As inscricións están abertas dende o 5 ata o 13 de novembro, chamando aos números 981 53 08 07 (O Milladoiro) e 981 88 48 29 (Bertamiráns), ou escribindo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal.

Para concluír as propostas de animación á lectura, en decembro terá lugar un obradoiro de manualidades de Nadal, que se celebrará o venres 13 no Milladoiro e o sábado 14 en Bertamiráns. As inscricións neste caso poderán realizarse do 2 ao 10 de decembro.

As bibliotecas municipais reciben o mes de novembro cunha nova sesión de contacontos

Multimedia

  • As bibliotecas municipais reciben o mes de novembro cunha nova sesión de contacontos
  • As bibliotecas municipais reciben o mes de novembro cunha nova sesión de contacontos