Pestanas principais

As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás

Luns, 24 de marzo de 2025

As bibliotecas municipais continúan neste inicio de primavera con diferentes actividades para a rapazada de Ames, na que se inclúen varias propostas de animación á lectura. Deste xeito, ao longo desta semana terán lugar as últimas sesións de contacontos programadas para o mes de marzo con “Contos de granxa” na Biblioteca do Milladoiro. Por outra banda, este vindeiro mércores, día 26, realizarase na Biblioteca de Bertamiráns a presentación da programación polo mes do libro en Ames.

As bibliotecas de Ames continúan neste inicio de primavera a ofrecer diferentes actividades para as crianzas amesás, por exemplo coas sesións de contacontos dirixidas para a rapazada de 3 a 8 anos. Con esta iniciativa, xunto cos Encontros Literarios orientados cara o público adulto e que se celebran no Pazo da Peregrina, búscase fomentar o hábito da lectura entre a veciñanza de Ames, sobre todo entre a mocidade, e dar a coñecer novas obras e autores.

Deste xeito, ao longo desta semana, realizaranse na Biblioteca do Milladoiro as últimas sesións de contacontos previstas para o mes de marzo con “Contos de granxa”, que terán lugar os días 25, 26 e 27, ás 17.30 horas.

As inscricións para participar nas sesións de contacontos poden facerse chamando por teléfono, ao  981 884 829 (Biblioteca de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (Biblioteca do Milladoiro), ou enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal no que se indique o nome, apelidos e idade das crianzas participantes xunto cun teléfono de contacto.

Por outra banda, no mes de abril será a quenda de “Son, son… quen son?”, que se desenvolverá en Bertamiráns os días 1 e 3 de abril e o días 22, 23 e 24 no Milladoiro. Deste xeito, as inscricións para actividade están abertas desde hoxe, 24 de marzo, ata o vindeiro día 29. Para as sesións do Milladoiro, o prazo estará aberto desde o 7 ata o 16 de abril.

A última sesión de contacontos está programada para o mes de maio, na que os nenos e nenas poderán gozar de “Un conto para rir antes de durmir”. A actividade realizarase en Bertamiráns do martes 13 ao xoves 15, e no Milladoiro do martes 20 ao xoves 22 de maio.

Obradoiros e programación polo mes do libro
Ademais das sesións de contacontos e os Encontros Literarios, as Bibliotecas Municipais están a organizar diferentes obradoiros para os máis pequenos. De feito, neste vindeiro mes de abril realizarase un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido aos rapaces e rapazas a partir de 3º de primaria, e que se desenvolverá no Milladoiro o venres 25 de abril, ás 17.00 horas, e en Bertamiráns o sábado 26, ás 11.30 horas.

Por outra banda, este mércores terá lugar a presentación da programación especial das Bibliotecas Municipais en abril polo Mes do Libro na Biblioteca de Bertamiráns, traendo así unha ampla oferta de actividades para todos os públicos relacionadas coa literatura ao longo de todo o mes.

As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás

Multimedia

  • As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás
  • As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás
  • As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás
  • As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás
  • As bibliotecas municipais reciben a primavera con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás