Pestanas principais

As bibliotecas organizaron un obradoiro polo Día de Rosalía no que participaron 32 nenos/as e 12 usuarios/as de Arcea Adames

Mércores, 02 de marzo de 2022

Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro as bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro organizaron un obradoiro de pintado de camisetas nos que participaron 44 persoas. No Milladoiro participaron 17 rapaces e rapazas, mentres que en Bertamiráns participaron 15 nenos e nenas. Ademais, fíxose unha sesión na que participaron 12 integrantes da asociación Arcea Adames.

Co gallo da celebración do Día de Rosalía as bibliotecas municipais fixeron unha obradoiro de pintado de camisetas. Os talleres realizáronse o venres 25 no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 11:30 horas respectivamente. Estas actividades estiveron dirixidas á rapazada que está cursando primaria (de 3º a 6º de primaria).
 
Os nenos e nenas máis maiores de primaria decoraron as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballaron ao longo da xornada, e pintaron unha ilustración co seu retrato. Ademais, realizouse unha terceira sesión na biblioteca do Milladoiro o xoves 24 de febreiro, ás 10.30 horas, para os usuarios e usuarias da asociación Arcea Adames.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Rosalía de Castro decora as camisetas da rapazada"

Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas

Multimedia

  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas
  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas
  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas
  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas
  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas
  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas
  • Imaxe do obradoiro de pintado de camisetas