- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción Económica, iniciou o pasado 14 de decembro unha nova campaña das tarxetas desconto “Bonos Consuma”, esgotándose o orzamento de 60.000 euros destinado ao programa en dúas semanas. Así mesmo, xerouse un volume de negocio total de 248.463,74 euros nos 105 establecementos e comercios adheridos á campaña deste ano. O obxectivo desta iniciativa foi incentivar ao consumo do comercio e hostalaría local nestas datas de Nadal. Durante o período que estiveron dispoñibles os descontos, descargáronse un total de 3.281 bonos.
O pasado 14 de decembro o Concello de Ames puxo en marcha unha nova edición das tarxetas desconto “Bonos Consuma”, unha iniciativa que busca promover o consumo e gasto no comercio local, así como axudar á veciñanza a aforrar nas súas compras de Nadal. Desta volta, esgotouse o orzamento de 60.000 euros destinados ao programa en menos de dúas semanas, consolidando deste xeito os Bonos Consuma como un gran atractivo para os clientes e unha gran axuda para os comerciantes.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, fixo un balance moi positivo desta edición dos Bonos Consuma, “este ano esgotáronse en só dúas semanas, antes que no 2023, estamos moi contentos de que funcionen tan ben e de que se poida axudar a todo o comercio en xeral, pois en todos os establecementos adheridos á campaña empregouse algún bono”.
Esta edición adheríronse á campaña un total de 105 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames de practicamente todos os sectores: zapaterías, decoración, establecementos de estética, moda e complementos, moda infantil... En total realizáronse 5956 operacións e descargáronse 3.281 bonos durante o período no que estivo dispoñible o saldo destinado á iniciativa. En total, xerouse un gasto de 248.463,74 euros nos comercios e establecementos de Ames.
Unha gran axuda ao comercio local
Deste a súa posta en marcha por primeira vez en 2021, os Bonos Consuma non deixan de medrar edición tras edición. A iniciativa naceu co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo no comercio local amesán e axudar á veciñanza a aforrar nas súas compras de Nadal.
Cada persoa maior de 18 anos puido descargar un único bono por importe de 50 euros e puido usarse ata o seu esgotamento ou ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.
Nesta edición, o Concello de Ames destinou un total de 60.000 euros aos Bonos Consuma que, desta volta, foron integramente para a adquisición dos bonos. A facilidade de descarga e uso dos descontos, a través dunha aplicación móbil, favoreceron ao seu uso por parte dos usuarios.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames agota los Bonos Consuma en dos semanas y moviliza un gasto de 248.500 euros"
El Correo Gallego: "Ames esgota os 60.000 euros dos Bonos Consuma en dúas semanas"