Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a representación da comedia “Made in Galiza”

Luns, 29 de xaneiro de 2024

A programación cultural de 2024 continúa este venres, 2 de febreiro, ás 20:30 horas, coa representación da comedia “Made in Galiza”. O espectáculo, producido por Sarabela Teatro, está baseado na novela homónima de Séchu Sende. Os convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Trátase dunha comedia na que se combinan o humor e momentos cotiás con profundas reflexións sociolingüísticas. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Este venres, 2 de febreiro, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación da comedia teatral “Made in Galiza” ás 20:30 horas. Este é o terceiro dos 12 espectáculos que integran a programación de artes escénicas “Ames Cultural 2024”.

Cunha duración aproximada de 60 minutos, esta peza teatral ten como eixo central a defensa da lingua, mesturando o humor con momentos cotiás.

Sinopse de “Made in Galiza”
Baseada na novela homónima de Séchu Sende, trátase dunha comedia na que o eixo central é a defensa da lingua. Así, mestúranse o humor e a vida cotiá con profundas reflexións sociolingüísticas.

A obra está protagonizada por una avós que non se entenden coa súa propia familia porque falan diferentes idiomas, o que abre as porta ao humor reflexivo e á poesía, transformando temas complexos en experiencias accesibles para todo o mundo.

En "Made in Galiza" pódese atopar un abano de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións... O elenco da vida a personaxes diversas como unha vendedora e un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados... Cada un deles aportando unha capa única á narrativa da obra.

Sarabela Teatro
Con 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela Teatro é a compañía de teatro máis veterana de Galicia. Ao longo dese tempo, consolidouse como un referente no ámbito teatral galego pola súa creatividade e compromiso coas artes escénicas.

Ten un grande impacto na escena teatral galega, e a compañía segue a emocionar e inspirar ao público coas súas interpretacións innovadoras e provocadoras.

Novas relacionadas:

Ames Go: "“Made in Galiza” este venres na Casa da Cultura de Bertamiráns"

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres a representación da comedia “Made in Galiza”

Multimedia

  • Cartaz da obra "Made in Galiza"
  • Cartaz do Ames Cultural 2024