- Tematica
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza para o vindeiro mércores, 12 de febreiro, unha conferencia sobre ciberseguridade. A actividade desenvolverase en horario de 18.30 a 19.30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Impartiranse nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade, así como ferramentas e consellos para protexernos. A entrada é aberta a todas as persoas que queiran acudir. Previamente, ás 18.00 horas, realizarase a clausura e entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas.
A Aula AMTIC do Milladoiro oferta unha actividade para o vindeiro mércores 12 de febreiro. Trátase dunha conferencia sobre ciberseguridade, que terá unha hora de duración, de 18.30 a 19.30 horas, e que se vai a impartir no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Impartiranse nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade, así como ferramentas e consellos para protexernos. A entrada é aberta a todas as persoas que queiran acudir.
Algúns dos temas que se abordarán en dita conferencia serán que é a ciberseguridade, a importancia da ciberseguridade, as principais amezas que existen (malware, phishing, ransomware), consecuencias dun ciberataque (perda de diñeiro, roubo de identidade, danos a reputación persoal ou profesional) e como che poden atacar a través de phishing, das redes sociais ou accedendo a un servizo de Wi-Fi público.
Ademais, impartiranse consellos básicos para poder protexernos de ditos ataques (contrasinais seguras, autenticación en dus pasos, actualización de software, instalación de antivirus, coidado cos enlaces e arquivos adxuntos); seguridade en dispositivos móbiles; e protección da privacidade online. Por último, farase un repaso dos puntos claves e achegaranse uns consellos finais. Tamén haberá tempo para posibles preguntas.
Clausura dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias
Por outra banda, ese mesmo día, ás 18.00 horas, realizarase a clausura e entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas. As formacións buscaron achegar á veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital.
O temario destes cursos de 25 horas abarcou nocións de alfabetización informática, ofimática básica e mecanografía, xestión persoal na internet (uso do correo electrónico, cita médica, banca online, declaración da renda, compras seguras pola internet, buscas fiables de información, etc) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos...).
As actividades impartíronse nos locais sociais de Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño. Os martes o curso impartiuse en Covas (en horario de 16:15 a 18:15 horas). En Augapesada a formación desenvolveuse os mércores (de 16:00 a 18:00 horas). O xoves as clases foron en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas). Para rematar, os venres desenvolvéronse no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).