Pestanas principais

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a primeira edición da Gala do Trail Running Galego

Luns, 13 de xaneiro de 2025

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o pasado venres, 10 de xaneiro, a celebración da primeira edición da Gala do Trail Running Galego, cuxo principal obxectivo foi dar a coñecer e premiar o traballo e os méritos dos deportistas nas distintas especialidades do trail running ao longo do ano 2024. A celebración deste acto, ademais de para premiar os méritos deportivos e organizativos, serviu para a presentación dos distintos eventos e novidades de cara ao primeiro treito deste ano 2025.

Fantástico ambiente o vivido o pasado venres na Casa da Cultura de Bertamiráns durante a celebración da I Gala do Trail Running Galego, que premiou o traballo dos principais protagonistas e atletas desta disciplina en todas as súas modalidades ao longo do 2024.

Nun auditorio ateigado de público, o acto  contou coa presencia do alcalde de Ames, Blas García, do presidente da Federación Galega de Atletismo, Ivan Sanmartín, da concelleira de Deportes, Susana Señorís, e de concelleiros e concelleiras dos distintos grupos políticos municipais da Corporación municipal.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “para o Concello de Ames foi unha satisfacción acoller esta gala na que se recoñeceu o traballo e o esforzo de todas e todos os deportistas que practican a especialidade de trail running. En Ames, ademais, celebramos unha proba xa consolidada no calendario galego como é o Trail Ribeiras do Tambre, e tivemos tamén un campión galego no ano 2022, o veciño de Ortoño Dani Paz. Quero agradecer a confianza da Federación Galega de Atletismo, do seu presidente, Iván Sanmartín, e de Iván Sangiao, responsable desta modalidade na federación”.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, tamén agradeceu á Federación Galega de Atletismo “por contar con Ames para celebrar a primeira edición desta gala. Dende o Concello apoiamos esta modalidade do atletismo celebrando cada ano o Trail e Andaina Ribeiras do Tambre, que xa é unha proba consolidada en Ames, e que todos os anos ten unha gran acollida. Este trail non é só unha competición deportiva, senón que tamén serve para dar a coñecer o noso concello e o seu patrimonio natural”.

O protagonista, tanto da organización como da montaxe desta gala, Iván Sangiao, foi o encargado desde a cabina de control, de dirixir e manexar o transcorrer da mesma baixo un perfecto guión organizativo que foi dando paso aos/ás deportistas premiados/as.
O responsable do sector, Iván Sangiao, destacou que o trail running é a modalidade de moda no atletismo galego, que máis está medrando, e que para este 2025 contará con importantes novidades.

Relación de galardoados e galardoadas
Top3 vertical:
Ruben Insúa (At. Sar), María Martínez (At. Porriño), Marcos Pascual (Biosbardo), Tamara García (Biosbardo), Jesse Jesús Carro (At. Arenteiro), Lucía Peón (At. Arenteiro).

Top3 classic:
María Martínez (At. Porriño), Federico Losada (Biosbardo), Rosa Araujo (Burgas Ou.), Rubén Insúa (At. Sar), Carla Trillo (Ría de Foz) e Marcos Pascual (Biosbardo).

Top3 Maratón:
María Martínez (Porriño), Moncho Muiño (C.A.Sada), Charo Figueroa (Samertolameu), Diego Míguez (Independente), Belén Riádigos (Independente) e Marcos Pascual (Biosbardo).

Líderes Ranking classic 2024:
Miguel A. Castro (Serres), Paula Fernández (S.D Compostela), Jesus García (Triki Team) Sandra Gonzalez (At. Lucense), Eloy Martínez (Independente), Julia Salvado (S.D Compostela), Hugo García (At. Portugalete), Martín Fontán (At. Porriño), Rosa Araujo (Burgas Ou.), Marcos Pascual (Biosbardo), Beatriz Barroso (At. Noia), Federico Losada (Biosbardo), Laura Felípez (At. Arteixo), Emilio Montilla (Biosbardo), Aurora González (Pinarium), Manuel González (Barbantia-A Roda), Raquel Estévez (Pinarium) Saturnino Gonzalez (Ourense At.), Manuel Suárez (Vet. Samil) e Araceli Veiga (C.A. Cambados).

Premios especiais:
Eloy Martínez e Sandra González.

Premio ao mellor xuíz:
Jose Saturnino Molares.

Premio ao mellor Trail:
Trail Terra de Burón de A Fonsagrada.

Premio á mellor xestión informativa:
Trail Cova da Bruxa (Muros).

Premio á mellor xestión medioambiental:
Trail das Bestas (Muras).

Premio á mellor integración dos percorridos:
Castro Caldelas Vegan Trail.

Premio á mellor xestión da seguridade:
Vertical o Sacauntos de Vilamartín de Valdeorras.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Los mejores del trail gallego, en Ames"

Bisbarra: "A I Gala do Trail Running Galego premiou aos mellores da tempada en Bertamiráns"

OSIL: "A Subida Vertical de Vilamartín, premiada pola súa boa organización na Gala Trail Running da FGA"

Diario de Santiago: "A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a primeira edición da Gala do Trail Running Galego"

Federación Galega de Atletismo: "Ames premia aos mellores do Trail Running galego no 2024"

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a primeira edición da Gala do Trail Running Galego

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a primeira edición da Gala do Trail Running Galego