Pestanas principais

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 11 de marzo, a sétima edición do evento Lab Class-Inventa a túa comunicación

Mércores, 09 de marzo de 2016

[09-03-2016] A empresa amesá Escola Inventa, en colaboración co Concello de Ames, organiza este venres 11 de marzo, en horario de 16:00 a 20:00 horas, a sétima edición do evento Lab´s-Inventa a túa comunicación. Neste evento, que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro, impartiranse seis relatorios de 11 minutos para que o público poida coñecer novas visións, ideas transformadoras, experiencias ou aprendizaxes. Trátase dun evento que é aberto ata completar o aforo de 100 persoas, previa inscrición na páxina web de www.escuelainventa.com

Esta é a terceira ocasión na que o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este evento organizado pola empresa Escola Inventa e que conta coa colaboración do Concello de Ames. Nesta ocasión vaise desenvolver unha xornada na que os asistentes poderán coñecer novas visións, ideas transformadoras, experiencias ou aprendizaxes.

O obxectivo é que unha vez finalizado o evento, os participantes reflexionen, se inspiren e valoren a comunicación desde outra perspectiva máis humana e sinxela. Ademais, preténdese achegaralles unha forma diferente de comprender a comunicación e unha visión da importancia que esta ten no día a día. A través dos momentos inspiradores, coñecerán historias reais coas que se poderán sentir identificados e que lles achegarán novos puntos de vista.

Para os relatores é o final dun seminario de alto rendemento, vailles a permitir poñer en valor a súa propia comunicación, que estiveron traballando durante sete semanas. Será o inicio dun camiño para atopar a confianza, naturalidade e sinxeleza comunicando. É un evento en aberto ata completar o aforo de 100 persoas, previa inscrición na páxina web de www.escuelainventa.com. Nas anteriores edicións xa viron en directo estas sesións máis de 700 persoas.

Temática dos momentos inspiradores
A sétima edición do evento Lab´s-Inventa a túa comunicación contará con seis relatorios (momentos inspiradores) de 11 minutos cada un impartidos por directivos de diferentes sectores, que trasladarán a súa experiencia profesional e aprendizaxe aos participantes. Tamén haberá dúas quendas de preguntas de 20 minutos, onde os relatores falarán cos asistentes, e mesas abertas ao público. Ademais, poderase establecer contacto con outros profesionais asistentes no descanso, facendo networking.

Cuqui Baeza, socia directora de Byb Asesores, impartirá o relatorio "Forxando unha empresa"; David Sande, director comercial de Coreti falará sobre "O lado escuro da venda"; Daniel de la Iglesia, médico especialista en dixestivo no CHUS, impartirá un momento inspirador titulado "En profundidade"; Isabel Lista, técnico en xestión de calidade na fundación Ramón Domínguez, dará unha charla denominada "Referencias"; Marcos Troncoso, DJ Mark Deluxe, exporá o relatorio chamado "Coa música nos talóns"; e Mónica González, directora de axencia de seguros impartirá unha charla sobre a "2ª oportunidade".


Contido relacionado


El Correo Gallego:"Escola Inventa lleva a O Milladoiro el séptimo evento de comunicación"