Pestanas principais

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres a estrea do documental "Ames, terra de acollida"

Mércores, 26 de outubro de 2022

Este venres, 28 de outubro, ás 20.30 horas, estrease no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o documental “Ames, terra de acollida”. Trátase dun documental sobre a industria e a actividade económica no concello de Ames. O documental está producido por Xurdir Producións Audiovisuais e conta coa colaboración do Concello de Ames. Premendo nesta ligazón podes ver o trailer do documental.

Este venres, 28 de outubro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, terá lugar a estrea do documental: "Ames, terra de acollida". Este proxecto audiovisual realizado pola produtora Xurdir, e que conta co Concello de Ames coma principal colaborador, fai un percorrido polo tecido empresarial e a actividade económica que se xera no concello.

17 proxectos empresariais diversos e representativos, tiveron cabida neste aposta por visibilizar os axentes económicos que serven de exemplo da puxanza deste municipio. No documental tamén se pode desfrutar dos principais atractivos culturais, turísticos e patrimoniais do concello amesán. A súa veciñanza, representantes do seu tecido asociativo e distintos persoeiros senlleiros, interveñen tamén cas súas testemuñas, para afondar na esencia desta terra.

Xurdir xa realizou proxectos similares noutros 30 concellos de Galicia, que xa viviron actos de estrea similares, nestes últimos cinco anos de percorrido continuo con esta novidosa idea audiovisual.

O acto de estrea será presentado pola xornalista Belén Xestal, e intervirán Blas Garcia, alcalde de Ames, e Ignacio Seijo, director da produtora Xurdir. Tras rematar a proxección do documental, estará dispoñible un enlace para poder reproducilo a través das principais plataformas online.

Prégase confirmación de asistencia antes das 15.00 horas do día 27 de outubro chamando aos números de teléfono 673 84 85 93 – 636 69 58 46 ou a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: coordinacion@xurdir.com ou comunicacion@xurdir.com.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Presentan o documental 'Ames, terra de acollida'"

Enfoques: "El documental 'Ames, terra de acollida' ve la luz este viernes"

"Ames, terra de acollida" aposta por visibilizar os proxectos empresariais referentes no municipio

Multimedia

  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres a estrea do documental "Ames, terra de acollida"
  • Embedded thumbnail for