Pestanas principais

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a partir do 25 de outubro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres

Xoves, 24 de outubro de 2024

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá entre o 25 de outubro e o 29 de novembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia”, da Fundación Tierra de Hombres. A inauguración da mostra será este venres, 25 de outubro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Na inauguración estará presente o delegado da fundación en Galicia, en compañía dunha familia de acollida que compartirá a súa experiencia e ofrecerá información a aquelas persoas interesadas en colaborar. Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ames. 

A Casa da Cultura do Milladoiro contará dende este venres, 25 de outubro, coa exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia”, onde se recollen imaxes do proxecto de axuda humanitaria que a fundación está a desenvolver en Ucraína. Neste territorio a fundación está a distribuír kits de alimentos, hixiene e escolares, ademais de axudar na rehabilitación e subministro de albergues “childfriendly” seguros, no abastecemento de equipos móbiles para dar apoio psicosocial ás persoas desprazadas e no monitoreo de crianzas con problemas psicolóxicos e outras vulnerabilidades.

Ademais, tamén se proxectará un vídeo sobre o programa “Viaxe cara a vida” co obxectivo de atopar familias de acollida. Trátase dun programa de saúde desenvolto por Tierra de Hombres en Galicia desde o ano 2003, que fai posible que nenos e nenas africanos con graves enfermidades sexan tratados en hospitais ata a súa recuperación e regreso coas súas familias.

Fundación Tierra de Hombres
A Fundación Tierra de Hombres adícase fundamentalmente á Cooperación ao Desenvolvemento. No ámbito da saúde, loitan por ofrecer un acceso aos coidados básicos a todos os nenos e nenas, sen ter en conta o lugar onde se atopen.

Os seu traballo neste ámbito inclúe un importante seguimento vinculado á desnutrición, así como un dos proxectos históricos de Tierra de Hombres, Atencións Médicas Especializadas (AME) con traslados para coidados especializados co programa “Viaxe cara á Vida”. Este, lévase a cabo cando a enfermidade dos pequenos precisa dunha tecnoloxía e infraestruturas das que carecen nos seus países de orixe.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: La ayuda humanitaria en Ucrania protagoniza una nueva exposición en O Milladoiro"

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a partir do 25 de outubro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres

Multimedia

  • A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a partir do 25 de outubro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres